El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Esquerda Unida rexeita a custodia compartida imposta

14-10-2017 16:36:59

Este vindeiro martes, no pleno do Parlamento de Galicia, debátese a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre corresponsabilidade coa intención, por parte dalgúns grupos parlamentares, de converter a custodia compartida imposta nunha medida habitual e xeneralizada. 

Dende Esquerda Unida rexeitamos esta norma, que pretende impor a custodia compartida de fillos e fillas, aínda cando non exista mutuo acordo entre os seus proxenitores. Tal e como sinala Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, esta medida é “totalmente innecesaria e incorrecta dende o punto de vista xurídico, xa que agocha tras de si o concepto de custodia compartida imposta, xunto con diversos aspectos que afectan aos dereitos das menores e dos menores, e tamén aos dereitos das mulleres”. 

Esquerda Unida, unha vez máis e coincidindo coa maioría das organizacións feministas, maniféstase en contra da custodia compartida imposta, que actúa incluso cando non é posible acordo mutuo entre os proxenitores, xa que considera esta proposta como un retroceso nos avances e dereitos acadados polas mulleres. 

“Entendemos que os dereitos das mulleres, no marco de violencia estrutural e patriarcal deben ser protexidos, e que o interese superior dos e das menores debe de ser o que prevaleza, sen embargo con esta proposta de ILP, semella que o que se fai prevalecer é o interese dos pais a vivir con estes menores”, manifesta Eva Solla. E explica: “A custodia compartida é unha opción positiva sempre e cando o acordo sexa mutuo e aceptadolibremente entre os cónxuxes, sen imposicións que a convertan en nociva para as relacións e dereitos dos máis vulnerables”. 

Por todo isto, dende Esquerda Unida facemos un chamamento a manifestarse en contra das organizacións sociais e dos grupos parlamentares que no Parlamento de Galicia queren levar a cabo esta ILP co fin de que esta proposta non siga adiante, xa que consideramos que é lesiva, tanto para os intereses das menores e dos menores como para os dereitos das mulleres, neste marco de sociedade patriarcal no que vivimos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias