O secretario
xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, subliñou hoxe que “desde o Partido Popular de Galicia cremos que as
empresas que queiran instalarse e crear emprego de calidade en Galicia deben
ter unha alfombra vermella para facelo” e aconselloulle ás empresas que busquen
estabilidade política e económica que escollan a nosa Comunidade porque “van
atopala”.
En
comparación coa situación de Cataluña, Tellado apuntou que aquí temos a sorte
de ter un Goberno consolidado, que non está secuestrado polos delirios de
ningunha minoría radical; que non vai embarcarse en ningunha aventura
independentista que nos reste seguridade xurídica e que desde a Xunta non se
vai fomentar que as empresas instaladas en Galicia marchen do noso territorio.
Neste
sentido, o número dous dos populares galegos quixo lembrar todas as medidas que
se están a poñer en marcha para captar investimentos e e empresas. Así,
destacou que a vindeira semana se aprobará no Parlamento Galego unha Lei de Fomento da Implantación
de Iniciativas Empresarias que aposta pola industrialización, pola atracción de
novas empresas no noso rural e polo desenvolvemento dos nosos polígonos e da
que agarda que o Partido Socialista se posicione a favor xa que foron
amplamente incluídas as súas achegas.
Do mesmo
xeito, saudou o feito de que en Galicia se acabe de crear a figura dos
Concellos Doing Business para incentivar a rebaixa de ata o 95% dos impostos
municipais para as novas empresas; ou as medidas de apoio aos autónomos aprobadas
no Consello da Xunta do pasado mércores, destinadas a duplicar as axudas á
conciliación daqueles que queiran ser pais.
Sobre este
tema, concluíu que “fronte a aqueles que din non a todo, que queren rachar con todo e acabar
coas nosas institucións, en Galicia volvemos dicir si ao crecemento, ao emprego,
á actividade económica, á estabilidade institucional e ao cumprimento da Lei”.
Actos violentos en Vigo
O secretario
xeral comezou a súa intervención expresando “a nosa máis rotunda condena” aos
actos violentos contra a sede do Partido Popular de Vigo, reivindicados hoxe
mesmo nas redes sociais polo colectivo nacionalista BRIGA. Así, expresou que “desde
o Partido Popular de Galicia rexeitamos todo acto de violencia contra políticos
e cidadáns só por pensar diferente” e engadiu que “igual que temos condenado en
numerosas ocasións actos deste tipo contra os nosos rivais, gustaríanos que
eles tamén se pronunciasen en casos coma este”.
Deste xeito,
Tellado pediulle expresamente a Ana Pontón e a Luís Villares que se manifesten
acerca desta cuestión, xa que no último Debate do Estado da Autonomía os seus
grupos votaron en contra dunha Proposta de Resolución dos populares na que se
condenaban os actos violentos contra os rivais políticos
“Unha vez máis,
vemos que o nacionalismo galego volve copiar todo o peor do independentismo
catalán, incluída a intimidación
daqueles que só queremos defender a Lei e o noso marco constitucional”, resumiu.