El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

ARTEIXO

A Xunta pon en servizo a nova escola infantil da rede “A Galiña Azul”

18-09-2017 19:07:48
Escola infantil, en Arteixo-Río Tambre.

Arteixo.- O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe a nova escola infantil da rede autonómica “A Galiña Azul” Arteixo-Río Tambre, que hoxe entra en funcionamento coa xornada de portas abertas para os pais e nais dos pequenos e pequenas.

A escola infantil, construída pola Fundación Amancio Ortega (FAO), oferta 82 novas prazas (6 unidades) para nenos de 0 a 3 anos e arranca as clases con 75 alumnos (14 do grupo de 0 a 1 ano; 25, no de 1 a 2; e 36, no de 2 a 3), incluíndo xa aos nenos que se incorporarán no próximo mes de outubro ao centro, como consecuencia do proceso extraordinario de matriculación de setembro.

A oferta da nova “Galiña Azul” de Arteixo, situada no paseo fluvial desa localidade, súmase á do outro centro (A Pastoriza) desta mesma rede que xa viña funcionando no concello, que é de 102 prazas (7 unidades) para o presente curso 2017-2018. Entre os dous ofrecen 184 prazas, pero a oferta de prazas sostida con recursos públicos no concello acada as 311 contando coas 115 das que dispón a escola municipal que tamén existe nel e cos Bono Concilia outorgados este curso. Deste xeito, a ratio de cobertura deste municipio coruñés se sitúa no 34,6%.

Unha vez rematada por parte da FAO a construción do novo centro, que se asenta nunha parcela cedida polo Concello de Arteixo, a Consellería de Política Social a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, asume a súa xestión.

A nova escola está asentada nun centro cunha extensión de case 8.000 metros cadrados que terá carácter interxeracional: será tamén centro de día (cunha oferta de 40 prazas) e fogar residencial (con 64 prazas) para maiores. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias