El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Villoslada considera prioritario para Galicia "un plan de choque polo emprego xuvenil"

15-09-2017 18:35:27

O precandidato ás primarias dos socialistas galegos, Juan Díaz Villoslada”, considera prioritario a posta en marcha en Galicia “dun plan de choque polo emprego xuvenil, no marco de diálogo social ecoacordo de todas as organizacións políticas e sindicais”. 

“Temos un problema como sociedade e nós, os socialistas galegos, temos que abrir o partido á xuventude; necesitamos xente nova que coñeza ben os problemas da súa xeración e contribúa a darlles solucións”, asegura Villoslada, que hoxe mantivo dous encontros coa militancia en Barbadás e Verín. 

“As cifras de precariedade e desemprego xuvenil son inasumibles, con porcentaxes próximas ao 40%”, sostén o precandidato socialista, que aposta por un programa de medidas urxentes “para recuperar a dignidade nos contratos e nos salarios dos novos traballadores”. 

“Galicia necesita unha estratexia máis eficaz para o emprendemento e o emprego xuvenil, con medidas como os orientadores especializados, poñer en marcha un Estatuto do Becario e unha nova regulación para o contrato de formación, controlando as prácticas non laborales que enmascaran a explotación dos mozos e mozas”, afirma Villoslada. 

“Se son secretario xeral do PSdeG, comprométome a traballar desde o primeiro día por un futuro digno para os máis novos, escoitando as súas demandas e impulsado o diálogo entre os axentes sociais para concretar solucións a curto prazo”, remata. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias