El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Villoslada, sobre Angrois: "A cidadanía esíxenos contundencia, transparencia e responsablidade"

13-09-2017 20:33:24

O precandidato ás primarias dos socialistas galegos, Juan Díaz Villoslada, celebrou hoxe que "xa non haxa trabas para a comisión de investigación de Angroisno Congreso dos Deputados" e considera que "este é o camiño para recuperar a credibilidade".   

Despois da decisión de ontenas Cortes, onde a mesa deu luz verde á comisión tras unha petición do PSOE, Villoslada sostén que "as vítimas do accidente de tren e o conxunto da sociedade galega merecen este paso adiante".   

O socialista, que sempre defendeu publicamente a posta en marcha da comisión, afirma que este tipo de decisións “van no camiño da coherencia” que el defende para o seu partido. "Non podemos ser tibios nestas situacións, a cidadanía esíxenos contundencia, transparencia e responsablidade”, asegura.   

“Temos o deber de solventar todas as dúbidas que hai sobre o accidente, depurar as responsabilidades e atender as demandas das vítimas e as súas familias, que merecen que os políticos estemos á altura coobxectivo deesclarecer o que aconteceu, chegando ata o final da investigación xurídica e política”, engadiu Villoslada. Departamento de comunicación    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias