El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O LUNS

A Xunta activa a alerta laranxa por altas temperaturas en zonas da provincia de Ourense, Lugo e Pontevedra

20-08-2017 14:21:38
Consellos e recomendacións.

A Xunta activa para mañá, 21 de agosto, a partir das 14,00 horas, a alerta de temperaturas máximas correspondentes ao nivel laranxa no ámbito xeográfico do sur de Lugo, zona do Miño e sur de Ourense, e zona do Miño de Pontevedra. As temperaturas poderán acadar valores de ao redor de 40 graos.

Hoxe pola tarde xa estará activo o nivel amarelo por altas temperaturas en zonas de Ourense, Pontevedra e Lugo, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación ás zonas onde están decretadas as alertas laranxas e amarelas, aos concellos, policías locais, servizos provinciais de Protección Civil e aos bombeiros, entre outros.


Consellos e recomendacións

Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións: 

.- Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados. 

.- Teña en conta que o entrar e saír destes lugares, prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarle. 

.- Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor. 

.- Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente a cabeza. 

.- Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día. 

.- Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan soas ou illadas. 

.- Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerra





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias