El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA

Medio Rural destina 2,9 millóns para apoiar case 80 proxectos non agrícolas

14-08-2017 13:18:55

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) co listado de subvencións aprobadas a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas. A axuda cífrase en algo máis de 2,9 millóns de euros, para un investimento total de máis de 6,6 millóns de euros que chegará a case 80 beneficiarios.

Estas subvencións están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e son xestionadas por Agader, axencia dependente da Consellería do Medio Rural. A finalidade das mesmas é apoiar iniciativas empresariais no rural que non están relacionadas directamente coas actividades agrogandeiras ou forestais.

Así, por exemplo, subvenciónase unha liña de fabricación de bolsos de pel, a adquisición de maquinaria para a ampliación de cociña nun establecemento de hostaleira, a compra de nova maquinaria téxtil ou a mellora dun sistema de recollida de residuos, entre outras iniciativas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias