El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

NO EDIFICIO PROA

A Xunta culmina a reorganización das sedes xudiciais da Coruña

01-08-2017 19:37:18

A Coruña.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o xuíz decano, Luis Pérez Merino, visitaron hoxe as dependencias da antiga Audiencia Provincial, unha vez rematado o traslado das instalacións que ata o de agora estaban situadas no edificio Proa. Logo da inauguración da Fábrica de Tabacos o pasado 31 de marzo, e da mudanza de todas as dependencias concluída a finais de xuño, a nova distribución permite concentrar a actividade xudicial en dependencias propias, xerando un aforro anual en alugueiros de máis de 600.000 euros anuais.

O delegado explicou que no edificio da antiga Audiencia quedan agora emprazadas as salas de vistas e de procuradores; a sala de vistas de instrución nº 8; os locais sindicais, a oficina dedicada ás cláusulas chan; Mercantil 1, 2 e reforzo; os catro xulgados de Contencioso; os xulgados de Primeira Instancia nº 10 e nº 3; e o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). Quedan, así mesmo, máis de 280 metros cadrados dispoñibles para futuras actuacións.

Ovidio Rodeiro lembrou que a Fábrica de Tabacos “supuxo o maior esforzo inversor da Xunta de Galicia nunha sede xudicial” e lembrou que foi posible grazas a un investimento de máis de 16 millóns de euros “nun edificio emblemático restaurado cun coidado e bo gusto excepcionais”. Co remate dos traslado “a Xunta cumpre o compromiso que adoptou desde o principio e executou as obras necesarias, e pactadas con representantes sindicais”, para adecuar as instalacións da Audiencia aos novos usos.

O delegado territorial quixo aproveitar a visita para “agradecer aos funcionarios a súa colaboración e a comprensión polas molestias que causaron as mudanzas”. Rematou asegurando que “o investimento en Xustiza é investimento directo nunha sociedade avanzada, moderna e pensada para os cidadáns do século XXI”. “A Xunta –rematou- sinte unha especial satisfacción polo traballo feito nunha cidade que non merecía menos”. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias