El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

Galicia xa é a segunda comunidade que paga con máis axilidade aos seus provedores

22-06-2017 22:57:59

Galicia xa é a segunda comunidade autónoma que paga con máis axilidade aos seus provedores, segundo mostran os datos referentes ao mes de abril que acaba de publicar o Ministerio de Facenda e Función Pública. Por primeira vez na serie histórica Galicia aboa as súas facturas antes de que comece o período medio de pago, de xeito que está a pagar 26 días antes que a media autonómica.

O período medio de pago de Galicia baixou 7,6 días respecto a marzo, e sitúase 1,8 días por debaixo do límite a partir do cal empeza a contar o prazo medio de pago das administracións públicas. Pola contra, a media autonómica empeorou en 2,2 días en abril e sitúase en 24 días, é dicir, 26 días despois que en Galicia. Os datos oficiais ratifican que Galicia se mantén un mes máis entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Xunta.

Galicia xa está a cumprir os obxectivos do plan Pago 10, impulsado pola Xunta este ano e que ten como obxectivo situar o período medio de pago no entorno dos dez días. Ademais, o mes de abril é o cuarto consecutivo no que Galicia mellora este indicador sobre o mes anterior. O informe do Ministerio reflicte tamén que o período medio de pago de Galicia é agora 20 días inferior ao mesmo mes de 2016. En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en abril situouse no 0,30%, a cuarta máis baixa de España e moi por baixo da media autonómica (0,53%). 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias