Las elecciones gallegas se celebrarán el próximo 25 de septiembre , ha anunciado hoy el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo. De este modo, las elecciones coincidirán por tercera vez consecutiva, tras 2009 y 2012, con los comicios vascos, convocados el pasado viernes por el lehendakari, Iñigo Urkullu, una decisión que ha considerado "seria y responsable".
Intervención de Feijóo
Quero comunicarlles que, no exercicio das atribucións que
me confire a Lei da Xunta e a súa Presidencia no seu artigo 24, acabo de
reunir o Consello da Xunta para informar de que esta mesma tarde
asinarei o Decreto de disolución do Parlamento e a convocatoria de
eleccións autonómicas en Galicia.
Durante os últimos catro anos tanto o Goberno de Galicia
como eu mesmo tentamos facer un traballo responsable e serio que garantise a
estabilidade política e institucional de Galicia durante toda a lexislatura.
Durante os últimos sete meses de bloqueo en España,
tratamos de que Galicia se mantivese á marxe desta situación e que esta
parálise institucional e política que está a sufrir a nación española non afectase, ou afectase o menos posible,
as institucións de autogoberno de Galicia.
Durante este tempo eu fun o primeiro que de xeito
reiterado pedín responsabilidade a todos os políticos que teñen competencia e
responsabilidade no goberno e na gobernabilidade do país para que se dese unha
solución e unha saída a esta situación de bloqueo que leva vivindo e sufrindo
España nos últimos sete meses.
Por esa mesma seriedade e por esa mesma responsabilidade
que, polos intereses de España e de Galicia, reclamei aos demais, quero
dicirlles que a miña decisión é que as próximas eleccións autonómicas se
celebren o próximo 25 de setembro de 2016.
Polo tanto o Decreto de disolución e convocatoria de
eleccións levará a data do 25 de setembro de 2016, data das eleccións autonómicas
ao Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.
É certo que durante os últimos tempos precisei que a miña
intención era que as eleccións galegas tivesen lugar en outubro e á vez que o País
Vasco, como nas dúas últimas convocatorias.
Esta dobre condición xa non se podía dar desde o momento
en que o lehendakari convocou as eleccións para o próximo 25 de setembro e por
tanto había que elixir entre convocar as eleccións ao tempo que o País Vasco ou
convocalas nun dos días do mes de outubro.
Creo que se un pide seriedade e responsabilidade e se un
ten o obxectivo de achegar estabilidade ao seu país, o consecuente con todo
isto é que as eleccións se fagan coincidir coas eleccións en Euskadi.
Creo que non sería serio nin responsable pola miña parte
convocar as eleccións galegas unha semana ou algúns días máis tarde que as
eleccións vascas só por saírme coa miña de que fosen en outubro, e non porque
dixese en outubro tiñan que ser en outubro.
Creo que ademais isto non sería positivo para Galicia.
Estou convencido de que tampouco sería positivo para o conxunto de España nin,
na miña opinión, é positivo dada a situación política que estamos a vivir neste
momento en España. Porque prolongaría a inestabilidade que xeran os
diferentes procesos electorais aos que nos vimos sometidos nos últimos meses.
Galicia é estable e ao longo desta lexislatura Galicia achegou
responsabilidade, estabilidade e seriedade a España. E Galicia quere seguir achegando
responsabilidade, seriedade e estabilidade a España e, por suposto, a nós
mesmos. Por iso, desde o primeiro día da lexislatura... e a miña intención é
que o faga ata o último día da lexislatura, tamén na elección do domingo no que
se van celebrar as eleccións autonómicas en Galicia.
Quero simplemente rematar dicindo que eu lamento a
sensación de fastío que moitos galegos poden sentir porque nun período de nove
meses terán a opción de acudir ás urnas por terceira vez e quen sabe se,
nun período un pouco máis longo, teremos que acudir ás urnas por cuarta vez...
...quero transmitirlle a todos estes galegos que senten fastío
pola situación política que estamos a vivir, quero deixarlles claro, que isto
desde logo non é responsabilidade dos galegos. Non é responsabilidade de ningún
galego nin de ningunha galega esta situación de fastío político que estamos a
vivir no conxunto de España e, por suposto, tamén en Galicia.
A razón pola que Galicia convoca e celebrará eleccións en
outono é porque é obrigatorio conforme ao Estatuto de Autonomía dado o
vencemento da lexislatura en outono. Porque Galicia foi durante estes catro
anos unha Comunidade estable e, por calendario, corresponde que se celebren
eleccións.
A lexislatura en Galicia foi como debería ter sido a
anterior lexislatura en España –que lamentablemente só durou seis meses- e como
debería ser a actual lexislatura que acaba de comezar en España.
Galicia é estable, Galicia foi estable e seguirá sendo
estable ata o final da lexislatura e, na miña opinión, o mellor que lle pode
pasar a Galicia é que Galicia siga sendo estable desde o primeiro día da
próxima lexislatura.
Para iso traballamos desde a Xunta de Galicia e confío en
que todos os partidos que nos presentemos ás eleccións teñamos ese obxectivo e
capacidade para achegar estabilidade á política galega e que Galicia siga
disfrutando dunha estabilidade política como desfrutou nos últimos anos.