El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

A Xunta incrementa nun 10% as axudas para a mobilidade dos universitarios galegos

24-07-2014 12:37:30

A Consellería de Cultura e Educación incrementa nun 10% a contía destinada as axudas á participación de universitarios en intercambios con países extracomunitarios A Consellería continúa apostando no curso 2014/2015 por favorecer a mobilidade internacional dos universitarios galegos e por que todos os estudantes teñan igualdade de oportunidades no acceso a un ensino de calidade A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria favorecerá unha vez máis a mobilidade internacional do alumnado universitario galego a través da convocatoria de axudas publicada no DOG para os estudantes que participen durante o curso 2014/2015 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus. Cómpre lembrar que esta iniciativa foi implantada pola actual Consellería no curso 2011/2012. A través da presente convocatoria o departamento educativo da Xunta de Galicia busca premiar a excelencia do alumno e o único criterio de selección para esta bolsa será o a nota media do expediente académico de xeito que todas as alumnas e alumnos, independentemente da súa situación económica, accedan con igualdade de condicións. Incrementouse o número de bolsas ata un total de 100 con 1.100 euros cada unha, un 10% máis que o ano anterior. Esta é unha clara mostra de que o departamento dirixido por Xesús Vázquez está a impulsar unha política social no eido do ensino universitario. Non en balde, no 2014 a Xunta está a facer un importante esforzo económico, incrementando nun 2% a partida destinada a bolsas logrando un orzamento de 100.000 euros. O obxectivo destas axudas, que se poderán solicitar ata o 25 de agosto, é reforzar a aprendizaxe mutua, o traballo de cooperación, favorecer a mobilidade, compartir experiencias e coñecemento, e fomentar o aumento das competencias lingüísticas e profesionais. Os destinos máis habituais son países como Brasil, Estados Unidos, México, Arxentina, Uruguai e Chile. DestinatariosAs axudas destináranse a alumnas e alumnos matriculados nunha universidade do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña ou Universidade de Vigo) ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe en programas de intercambio, relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias