El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Sociedad

Os profesonais do audiovisual analizan os desafíos de producir en galego

15-10-2008

Os profesionais do sector audiovisual galego analizan estes días en Ourense os desafíos de producir en galego, no marco do sexto Foro Academia Aberta, organizado pola Academia Galega do Audiovisual baixo o título 'A lingua fendida. O audiovisual e o galego' que se está a desenvolver dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense. Nesta segunda xornada do Foro, debateron sobre o momento crítico que atravesa o galego para continuar sendo a lingua maioritaria de Galicia. A maioría dos profesionais recoñeceron o bo momento que vive o audiovisual, malia que quedan moitas cousas por facer. O presidente da Asociación Galega de Guionistas, Rivadulla Corcón, o audiovisual galego "debe corresponder" á situación da sociedade galega, inmersa en conflitos culturais, e contribuír coa aposta pola defensa do idioma galego. Ao seu xuízo, o que non se produza en lingua orixinal galega "non se debería considerar audiovisual galego". Un punto no que moitos dos relatores non estiveron conformes. Pola súa banda, o director e actor de dobraxe Xerardo Couto comparou o modelo galego co catalán e o vasco, para sinalar unha "gran diferenza" derivada do feito de que a lingua galega "aínda está en construción". Na segunda mesa participaron os directores de cine Mario Iglesias e Ignacio Vilar, a guionista Puri Seixido e os actores Xosé Barato e Ruben Riós. Os participantes defenderon por un lado que o audiovisual galego ten un atractivo para a sociedade galega, xa que a Galega é a canle autonómica con maior audiencia nestes momentos, e por outro lado resaltaron o papel da televisión como medio para promocionar o idioma. Xa pola tarde, tivo lugar a terceira mesa redonda da sesión adicada ás limitacións que supón a lingua para a comercialización dos produtos no mercado internacional. Nesta mesa participaron o director e produtor Antón Reixa, o director de programas da TVG Eduardo Galán, a directora de produción María Liaño, e a presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes, Dolores Ben. A continuación a Academia fixo unha homenaxe á dobraxe, que o pasado ano cumpriu 25 anos como profesión en Galicia, cunha mesa redonda na que actores e actrices da dobraxe como Charo Pena, Miguel Pernas e Antonio Rubal contaron as súas experiencias. Como peche final houbo un recordo especial a María Romero e ao recentemente falecido Xoán Guisán, pioneiros desta profesión na comunidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias