El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Caixa Galicia inaugurará en novembro unha exposición de Botero en Vigo

11-09-2008

Caixa Galicia inaugurará o vindeiro 5 de novembro en Vigo unha mostra de Fernando Botero. A exposición permanecerá na Casa das Artes de Vigo ata o mes de febreiro e reunirá nunha espectacular montaxe o traballo pictórico máis impactante e recente do artista colombiano. O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, asegurou que este proxecto "aspira a repetir el éxito que alcanzó la exposición de Tamara de Lempicka", durante unha reunión que mantivo co alcalde da cidade olívica, Abel Caballero. Neste encontro, Méndez anunciou que a entidade financeira investirá en infraestruturas socioculturais da provincia máis de 70 millóns de euros ata o ano 2010. Tamén informou ao rexidor de que o investimento de Caixa Galicia en Vigo acadou entre 2004 e 2007 os 30 millóns de euros, polo que a área municipal de Vigo atraeu neste periodo o 60% do investimento provincial en acción social e cultural. Así, entre os proxectos destacados atópase a rehabilitación do Teatro Fraga e lembrou o ?total compromiso de Caixa Galicia con los mayores de Vigo, con los jóvenes, con los sectores más desfavorecidos y quienes trabajan con ellos; con el medio ambiente, con las instituciones, con el tejido industrial y con los sectores productivos clave de esta ciudad?.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias