El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Un libro recolle os lazos da escritora Carmen Martín Gaite con Galicia

17-04-2008

A Casa da Cultura do Concello de Allariz, en Ourense, acollerá o vindeiro 26 de abril ás 20.30 horas unha homenaxe literario-musical á figura de Carmen Martín Gaite, titulada 'Carmen Martín Gaite, cara á maxia', co gallo da presentación do libro 'Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite', de David González Couso, que profundiza na relación da escritora salmantina con Galicia. O volume reflicte os lazos existentes entre a produción literaria da autora e a súa vinculación con Ourense, lugar de procedencia da súa nai, polo que pasou as súas vacacións infantís na aldea de San Lourenzo de Piñor. "Aprendí el dialecto de la región y muchas canciones populares, me volví in­dómita y poco melindrosa, trepé a los árboles y a las peñas, robé fruta, me monté en carros de heno de ruedas chirriantes y tirados por bueyes, me hice amiga de los niños de la aldea, asistí a pro­cesiones y romerías, y ?ya un poco mayor? allí aprendí a bailar, tuve mis primeros escarceos amorosos y escribí mis primeros ver­sos?, expuxera a autora na súa autobiografía. Na homenaxe participará a irmá da escritora e a concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa, así como o propio autor e o director de Publicaciones Procompal, Mauricio Rodríguez. Como peche do acto, celebrarase un recital musical no que José Teruel Benavente, profesor de Literatura española da Universidade Autónoma de Madrid, lerá fragmentos da obra de Carmen Martín Gaite, acompañado de Laura González ao piano) e da voz Clara Jensen.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias