El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Encrucillada, Alalá e A Nosa Terra, gañadores dos Premios Galicia Comunicación

20-12-2007

A Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta deu a coñecer o nome dos gañadores dos Premios Galicia Comunicación 2007, que se entregarán en xaneiro. A Xunta recoñece o labor de comunicación en medios impresos de Andrés Torres Queiruga, un dos fundadores e presidente da revista Encrucillada, Revista Galega de Pensamento Cristiá, que dende o ano 1977 reivindica o uso do galego na Igrexa. Na categoría de xornalismo gráfico, o premio recaeu en Xosé Lois González Vázquez, creador do Carrabouco, personaxe das viñetas de La Región e Atlántico Diario e que xa cumpre os 25 anos, e do que se valora a proximidade e a identificación co público. O semanario A Nosa Terra recollerá o premio á mellor iniciativa no campo da comunicación en medios informativos coincidindo co ano do centenario, con actividades dirixidas a rapaces, pola renovación do semanario e a posta en marcha do diario dixital. O programa Alalá da Televisión de Galicia leva o premio ao mellor labor de comunicación en televisión, ao contribuír á difusión da música tradicional cun formato innovador, segundo declarou o xurado. En medios radiofónicos, salienta o labor de Radio 3 ao organizar o encontro de poesía galega emitido no espazo 'La estación azul', xa que foi unha iniciativa novidosa emitida na lingua do país para toda España e con pretensión de continuidade. O premio á Mellor empresa ou institución que destacase por un singular esforzo no campo da comunicación outorgóuselle a La Voz de Galicia, S.A., editora do xornal La Voz de Galicia polo seu labor ao longo de 125 anos. Neste galardón, o xurado quixo facer mención especial á traxectoria profesional de Xoán Barro, xornalista de TVE en Galicia por ser pioneiro dun medio audiovisual en Galicia. Destacaron a súa longa e frutífera carreira no xornalismo deportivo, converténdose no referente para moitos profesionais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias