El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG no Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

30-04-2024 15:29:50
Gómez Besteiro, líder do PSdeG.

REDACCIÓN | O líder dos socialistas galegos apuntou dende o Parlamento a liña de acción política do PSdeG para traer a Galicia o impulso da rexeneración democrática iniciado onte polo presidente do goberno, Pedro Sánchez. Gómez Besteiro presentou os eixos da acción política dos socialistas galegos que comezarán por requirirlle a Rueda na próxima sesión de control que clarifique “se segue a doutrina Ayuso” da crispación e a descualificación.  

Os socialistas galegos comezarán interpelando ao presidente da Xunta en primeira persoa, e a continuación presentarán unha serie de iniciativas parlamentarias que permitan mellorar a valoración das institucións galegas. Lembrou que Galicia atópase á cola de España en materia de transparencia e calidade de goberno, segundo o último Informe de Cohesión Económica, Social e Territorial elaborado pola UE e presentado fai uns días. 

Este informe reflicte queixas xeneralizadas por parte das empresas polas barreiras ao financiamento impostas dende a administración autonómica, así como polas eivas na integridade do goberno galego, amosando unha percepción negativa sobre a falla de imparcialidade e de integridade pública por parte do goberno galego. 

Ademais, os socialistas galegos despregarán unha rolda de consultas con diversos colectivos profesionais que poidan facer aportacións nunha nova senda a prol da rexeneración democrática. Ofreceu a man tendida do PSdeG “dende un punto de vista positivo” para frear o deterioro da vida política continuando coa liña anunciada na sesión de investidura, cando o propio Besteiro alertou fronte á xudicialización da vida política e fronte á política do “e ti máis”. 

Lamentou o ton empregado onte polo presidente da Xunta para valorar o proceso de reflexión aberto polo presidente do goberno, amosa que “non entendeu de que vai todo isto”, descualificando unha reacción de todo o país, que “centrou o foco na sociedade que queremos para o futuro”.  


Igualdade 

José Ramón Gómez Besteiro trasladou as dúbidas sobre a acollida que teña esta iniciativa dende o goberno galego, que vén de rebaixar a Igualdade á categoría de Dirección Xeral dentro do goberno galego. 

Ademais de “quitarlle importancia” á materia cunha decisión que cualificou de “erro”, lembrou que o PP vén de “optar por non ter Consellería de Igualdade”, cando “outros optamos por darlle rango político transversal”, cun Ministerio propio no goberno de España.Ademais, criticou a creación dunha Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero específica e separada da Igualdade, cando “deben formar parte dun mesmo corpo administrativo” coa entidade necesaria que merece un asunto que debe ser fundamental para a acción de goberno e ademais constitúe un “piar fundamental en materia de rexeneración democrática”.  

En resposta a preguntas dos xornalistas, o responsable socialista advertiu que o relevo de toda a cúpula do Sergas no goberno galego “implica que algo non funcionaba ben nese departamento”, tal e como viñan anunciando os socialistas galegos. Lembrou que el mesmo incorporou á sanidade pública á proposta de acordos de Lexislatura, xa que para a cidadanía reflicte “un dos peores funcionamentos da administración”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias