El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

Luis Menor enxalza a artesanía "polo valor engadido que supón para a economía e o comercio da nosa provincia"

27-04-2024 13:57:28
O presidente da Deputación, Luis Menor (2d).

REDACCIÓN | O presidente da Deputación, Luis Menor, participou hoxe no acto de inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro domingo, 5 de maio, na praza do Bispo Cesáreo da capital. No apertura Luis Menor estivo acompañado pola presidenta da Asociación de Artesáns de Ourense, Olga Santos; o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo; e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.  

Luis Menor enxalzou o labor das persoas que se dedican á artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e a actividade comercial da nosa provincia”. Precisamente por iso, o presidente da Deputación manifestou a súa vontade de potenciar a presencia destes profesionais, impulsar a súa formación, a promoción de produtos artesáns e conservar os oficios máis tradicionais desde un lugar tan emblemático como é o casco histórico da cidade: “É un obxectivo que debemos perseguir e no que nos implicamos activamente”, sinalou Luis Menor, quen garantiu desde a Deputación prestarase toda a colaboración precisa “para manter esta actividade económica que valoriza a nosa provincia”. 

“Sempre nos teredes ao voso carón, colaborando en todo canto sexa posible”, manifestoulle o presidente provincial aos membros da Asociación de Artesanía, e animou ao público presente “a mirar e buscar as mellores pezas para ter un detalle con nós mesmos ou coas persoas que máis queremos e que máis o merecen, sobre todo tendo en conta que dentro dunha semana é o Día da Nai”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias