El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Rueda viaxará a Arxentina para apoiar ás empresa pesqueiras galegas

21-04-2024 12:58:20
Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

REDACCIÓN | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, viaxará a comezos de maio a Arxentina para reencontrarse coa galeguidade ao outro lado do Atlántico e manter encontros cos representantes das empresas pesqueiras galegas que operan no país e tamén doutras locais que manteñen relacións comerciais coa nosa comunidade. Trátase da primeira viaxe ao estranxeiro como titular do Goberno galego nesta lexislatura. 

Así, durante catro días Rueda levará a cabo un periplo por un dos territorios que máis emigrantes galegos recibiu, especialmente no século pasado, e que aínda a día de hoxe segue moi vencellado a Galicia tanto de xeito cultural como empresarialmente. 

O presidente galego ten previsto reunirse coa colectividade e tamén se desprazará ao sur do país para visitar as plantas pesqueiras de varias compañías galegas. Ademais, tamén aproveitará para manter encontros con distintas autoridades locais. 

Tras visitar a Arxentina por última vez en outubro de 2022, esta viaxe servirá para trasladarlles a todas estas compañías e aos sectores produtivos en xeral o apoio do Goberno galego, claves na xeración de emprego e riqueza e no papel de embaixadores da economía galega.  


Reforzo do compromiso co exterior 

Alfonso Rueda aproveitará estas citas para comprometer o apoio da Administración autonómica a todos os galegos residentes no exterior e ás súas necesidades. Así mesmo, lembrará que todos aqueles que desexen voltar a Galicia tamén contarán coa Xunta a través da Estratexia Galicia Retorna, coa que se pretende facilitar a volta de 30.000 persoas ata 2026. 

Do mesmo xeito, destacará que neste novo mandato a Consellería de Emprego será quen acolla o departamento de Emigración para seguir reforzando o papel desta Estratexia e seguir favorecendo o regreso daqueles galegos e descendentes que están fóra e queren volver á súa terra.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias