El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Internacional

POLÍTICA | BNG

Ana Miranda: "Temos que alertar á Comisión Europea e frear o desastre medioambiental que supón o proxecto de Altri para Galiza"

15-04-2024 21:03:15
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A delegación desprazada a Bruxelas que integra distintos colectivos opostos á macrocelulosa que Altri pretende instalar en Palas de Rei mantivo un primeiro encontro coa eurodeputada do BNG e vicepresidenta da Comisión de Peticións, Ana Miranda, no que explicaron os principais efectos prexudiciais deste proxecto tanto para o medio ambiente como para os distintos sectores produtivos das comarcas afectadas. “Desde o Bloque estamos desenvolvendo unha ofensiva para frear o desastre medioambiental que supón o proxecto de Altri para Galiza”, subliñou Miranda. 

“Isto é un verdadeiro escándalo e non imos para até frealo”, salientou a eurodeputada galega na reunión celebrada hoxe no Parlamento Europeo cos diversos colectivos participantes –ADEGA, Ulloa Viva, Santiso Vivo, Queremos parcelarias xa-, así como o catedrático de Análise Xeográfica Rexional da USC, Rubén Lois, o enxeñeiro do Centro de Investigación Agraria de Mabegondo, Juan Fernando Castro, e os representantes institucionais dos concellos afectados (como por exemplo, Santiso, Arzúa, Monterroso, Agolada, Vila de Cruces e Narón, entre outros). 

No encontro Ana Miranda destacou ademais que “temos que alertar na Comisión Europea para frear este proxecto e que non se concedan os fondos europeos para este proxecto”, dados os incumprimentos das normativas nos que incorre. Neste sentido, mañá, martes, día 16 a delegación desenvolverá unha reunión na Comisión Europea, -coordinada pola propia Ana Miranda-, na que se abordarán polo miúdo eses incumprimentos desde as diferentes perspectivas que presenta a macrofábrica para a captación de fondos europeos.  


Incumprimento das normativas 

Na reunión celebrada hoxe na Eurocámara, desde os colectivos medioambientais salientáronse diversos problemas. Un deles refírese á alta captación de auga, -arredor de 46 millóns de litros de auga- e as dúbidas sobre a calidade de auga depositada novamente no río, así como os cambios das políticas forestais. 

Por outro lado, desde a delegación de participantes tamén se falou da falta de participación da veciñanza na elaboración do proxecto, á que non se lle deu voz en ningunha das fases, a súa repercusión na Rede Natura e nas zonas que deberían ser suxeito da súa ampliación así como do incumprimento, polo menos, sete directivas europeas. “Non queremos un proxecto así neste lugar”, asegurouse desde os colectivos medioambientais, ao tempo que falaron da repercusión na perda de varios miles de postos de traballo en varias comarcas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias