El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Luisa Sánchez clausura o Programa de Crecemento Empresarial de Deza-Tabeirós

09-04-2024 15:54:29
Luisa Sánchez (2i).

REDACCIÓN | A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de clausurar na Finca Mouriscade o Programa de Crecemento Empresarial de Deza-Tabeirós. Nesta iniciativa, enmarcada dentro de SmartPeme, participaron seis proxectos empresariais das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes que recibiron durante os primeiros meses do ano en Lalín un programa formativo que os axudou a lanzar e/ou consolidar as súas iniciativas de emprendemento. 

A vicepresidenta Luisa Sánchez lembrou que a Finca Mouriscade é “un importante centro de investigación desde o que apoiamos o sector agrogandeiro da provincia, e esta clausura tiña que realizarse aquí porque é un emblema e un símbolo que pon de manifesto un dos grandes compromisos deste goberno: o apoio e o respaldo á economía da provincia”. Sánchez desexou que esta toma de contacto, a primeira desde a súa toma de posesión como deputada con competencias en Impulso ao Emprego, “sexa só o punto de partida dun camiño compartido moi longo no que sexamos testemuños dos vosos éxitos”. Sobre o programa, a vicepresidenta provincial destacou que “a axuda dos nosos profesionais foi fundamental, pero estou segura de que poder compartir experiencias, inquietudes, preocupacións e éxitos con outras persoas que se atopan na mesma situación que vós tivo que ter un valor incalculable”.  

O Programa de Crecemento Empresarial da Deputación comezou a mediados de decembro e celebrouse no Viveiro de Empresas do Polígono Industrial Lalín 2000 coa participación de seis proxectos da Estrada, Lalín e Silleda: a Asociación de Mulleres que Aman o Rural, o medio de comunicación local Ecos de Comarca; o negocio de produtos a granel Plazeite, o negocio de produtos para mascotas Viralatas Petshop, a organizadora de eventos networking Workevents e a empresa de economía social relacionada coa natureza e o patrimonio Amarela. 

As seis son iniciativas empresariais en fase inicial e de consolidación, e recibiron un programa formado por sesións de formación grupais, de carácter dinámico e innovador, para potencialas ao máximo e favorecer a colaboración e creación de sinerxías entre elas. Tamén se beneficiaron de asesoramentos personalizados e individualizados para afondar sobre competitividade, emprendemento, identidade corporativa ou novas tecnoloxías. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias