El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación retoma a Comisión de Patrimonio Cultural

21-03-2024 16:24:57
Reunión da Comisión de Patrimonio Cultural.

REDACCIÓN | A Deputación de Ourense retoma a Comisión de Patrimonio Cultural, constituída hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel para o mandato 2023-2027. O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, preside esta Comisión de carácter consultivo que ten como obxectivo facilitar o estudo, investigación, protección, conservación, difusión e posta en valor do patrimonio cultural da provincia de Ourense. 

Na xuntanza, César Fernández propuxo diferentes cuestións relativas ao patrimonio relixioso da provincia como “a necesidade de abordar unha colaboración a tres partes entre a Deputación, o Bispado e a Xunta de Galicia, para traballar a prol da conservación do patrimonio arquitectónico relixioso da provincia”. 

A Comisión tamén acordou abrir unha liña especifica de traballo e investigación sobre o patrimonio inmaterial, xa que os estatutos da propio comisión non contemplan inicialmente esta cuestión. Abordouse a necesidade de levar a cabo un inventario provincial que inclúa os espazos expositivos, museos, centros de interpretación e infraestruturas culturais de diferente natureza para achegalos á propia cidadanía e a todos os visitantes. 

Entre as actividades que contempla realizar este órgano consultivo cabe destacar a conservación destes bens, a promoción de investigacións que permitan afondar no seu coñecemento, difundir os seus valores históricos e artísticos a través de diferentes iniciativas culturais, así como organizar actividades e campañas para concienciar á cidadanía sobre a súa importancia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias