El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación pon a disposición dos concellos o catálogo "+Música" do que forman parte 150 grupos

28-02-2024 15:53:14
Deputación de Pontevedra.

REDACCIÓN | A Deputación de Pontevedra acaba de publicar o catálogo do programa “+Música”, que pon a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un total de 148 grupos de artistas profesionais que realizan as súas actuacións ou os seus concertos en lingua galega ou, no caso de ser instrumentais, con pezas de autoría galega, para que poidan programar cultura galega nas súas vilas e pobos. Con este programa, que conta cun orzamento de 600.000 euros, un 16% máis que o pasado ano, a institución provincial pretende facilitar a celebración de concertos gratuítos para todos os públicos nos concellos, así como contribuír ao fomento da cultura da provincia e do galego e promover a reputación de Pontevedra como destino cultural.  

O Catálogo +Música, que se pode consultar xa na web da Deputación, recolle información detallada sobre cada un dos grupos ou artistas, como a súa páxina web, un breve currículo, a descrición da súa proposta artística, os datos de contacto, o caché, as necesidades técnicas e de produción ou as ligazóns ás súas principais redes sociais, entre outras. Entre as preto de 150 propostas que recolle, atópase unha gran variedade de estilos diferentes. Así, hai grupos enfocados a un público infantil e familiar, como A Gramola Gominola ou Uxía Lambona e a Banda Molona; de pop ou rock, como Familia Caamango, Roi Casal ou The Rapants; folk, como Antía Muíño ou Mercedes Peón; hip hop, como Dios Ke Te Crew ou Dakidarría, ou incluso propostas máis actuais aliñadas co trap, como Boyanka Kostova, ou coa ‘electro cumbia’, como Ortiga. Sen esquecer, por suposto, clásicos da música tradicional, como A Roda, Treixadura, Milladoiro ou Luar na Lubre. 

Desde este venres e ata o vindeiro día 15, os concellos interesados poderán presentar as súas solicitudes de actuacións e concertos a través da Sede electrónica da Deputación. Terán a opción de escoller un máximo de dous grupos ou artistas entre os dispoñibles no Catálogo, por orde de preferencia, para unha data previamente acordada cos grupos solicitantes. Na selección dos grupos deben ter en conta que un dos grupos ou artistas debe ter un caché non superior a 10.000 euros. Unha vez avaliadas as solicitudes, a cada concello interesado concederáselle unha única actuación, e a institución provincial aboará o 100% do caché do espectáculo, sendo o concello quen se debe facer cargo da produción do mesmo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias