El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

VIOLENCIA DE XÉNERO

As entidades locais poderán solicitar axudas para contratar a vítimas de violencia de xénero

19-09-2019 12:48:28

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha segunda convocatoria da orde de axudas destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero nas entidades locais galegas debido ao esgotamento do crédito de 800.000 euros reservados na primeira convocatoria. Nesta segunda resolución as axudas contarán cun orzamento de 538.551,68 euros financiados ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Dado o volume de solicitudes presentadas e o esgotamento do crédito inicial, a Secretaría Xeral de Igualdade decidiu ampliar a partida para atender a este colectivo. Con esta actuación, que supón un importante esforzo económico, a Xunta reafirma o seu compromiso coas vítimas de violencia de xénero, ás que lle ofrece os recursos necesarios para contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu empoderamento, e reforzar ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social. 

O obxectivo que se consigue con esta segunda ampliación é que todas as entidades locais que cumprían os requisitos da convocatoria publicada no pasado mes de maio poidan beneficiarse destas axudas para levar a cabo a contratación de vítimas de violencia de xénero que permitan o seu acceso ao mercado laboral. As axudas destináranse a financiar a contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, ata un máximo de 12 mensualidades, coa finalidade de mellorar a súa inserción laboral. 

Os requisitos para realizar as contratacións son os mesmos que na primeira orde de axudas publicada en maio. Os contratos deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social; deben ser executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas ás que se encomende a súa execución; a duración dos contratos será como mínimo de catro meses e deberá favorecer a formación e a práctica profesional das mulleres contratadas. Ademais, a entidade local terá que designar unha persoa de apoio para a traballadora ou traballadoras contratadas que actúe como profesional de referencia no tempo que dure a contratación e poderá contar con apoio de persoal técnico da Secretaría Xeral da Igualdade con formación en xénero. 

A presentación das solicitudes realizarase a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contados desde mañá, e os contratos que se realicen deberán formalizarse por parte da entidade beneficiaria antes do 10 de novembro de 2019.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias