El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Nicolás Sartorius clausura o curso de Os Luns do Ateneo

15-06-2019 12:40:56
Nicolás Sartorius.

Santiago de Compostela | O vindeiro día 17 o Ateneo de Santiago clausurará a programación de actividades de Os Luns do Ateneo convidando, unha ocasión máis, a un personaxe ilustre do panorama español como é o avogado Nicolás Sartorius.

Cunha conferencia que leva o mesmo título que a súa última publicación, “A manipulación da linguaxe”, o ensaísta explicará o mal uso da linguaxe e dalgúns conceptos acuñados ao longo da historia, tanto polos políticos como polos medios de comunicación ou a sociedade en xeral. O acto, que se desenvolverá no seu horario e localización habitual, ás 20h na Rúa do Vilar, 19, poñerá fin ao ciclo Os Luns do Ateneo do curso 2018-2019, facendo unha paréntese de tres meses no período estival para regresar con máis novidades o vindeiro mes de outubro.

O aristócrata Nicolás Sartorius é avogado especialista en Dereito laboral. Durante a súa etapa universitaria xa comezou a mostrar interese pola política pero non foi ata 1959 cando pasou a formar parte do Frente de Liberación Popular (FELIPE) e, máis tarde, do Partido Comunista de España (PCE). Colabora habitualmente no diario El País e no programa Hoy por hoy de Cadena SER e entre as súas obras destacan El final de la dictadura, La memoria insumisa ou La Unión Europea ante los grandes retos del siglo XXI. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias