El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación abre o prazo de presentación de candidaturas á III edición dos Premios PEL

05-02-2019 11:09:11
Valentín González Formoso, presidente da Deputación.

A Coruña | A Deputación da Coruña abre mañá o prazo de presentación de candidaturas ao III Premio PEL ás mellores iniciativas empresariais da provincia. Un galardón que constitúe unha das citas anuais clave do sector empresarial da provincia.

O seu obxectivo é recoñecer as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos, realzando o seu papel fundamental como xeradores de riqueza e emprego, contribuíndo á súa sustentabilidade e fomentando a cultura emprendedora na provincia.

Así mesmo, o presente premio tamén pretende aportar un valor engadido ás empresas mediante a súa concesión, facilitándolles soporte e respaldo para transformar ideas actuais en emprego de calidade e contribuíndo a dinamizar novos proxectos.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a “consolidación” do galardón, que pasou das 70 empresas participantes na primeira edición a 148 o ano pasado, converténdoo nun dos premios con maior participación da provincia.   


Novos premios para concellos e asociacións empresariais

Como novidade principal nesta edición amplíanse de dúas a cinco as categorías do galardón, dando cabida aos concellos de menos de 20.000 habitantes e ás asociacións empresariais da provincia da Coruña. Deste xeito, ás cinco categorías que configuran esta nova edición son:

.- 1ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial nova

.- 2ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada

.- 3ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial xeradora de emprego

.- 4ª CATEGORÍA: Premio ao concello promotor do emprego de calidade

.- 5ª CATEGORÍA: Premio á mellor asociación empresarial

Cada unha das categorías sinaladas contará cun premio de 15.000 euros, polo que o importe total destinado pola Deputación a esta nova edición dos premios suma 75.000 euros.


Categorías permanentes

Categorías de Mellor iniciativa empresarial nova e Mellor iniciativa empresarial consolidada

Á primeira categoría poderán presentarse pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as cuxa data de constitución (inscrición no rexistro público correspondente) e data de alta censual teñan una antigüidade máxima dun ano, mentres que na segunda categoría esixirase unha antigüidade mínima de 5 anos. En ambas categorías os criterios a valorar serán a orixinalidade do proxecto empresarial, a súa capacidade de expansión, así como o seu carácter innovador e a creación de emprego no territorio, entre outros.


Novas categorías en 2019

Mellor iniciativa empresarial xeradora de emprego

Categoría destinada a pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que contribúan á creación de emprego e, consecuentemente, ao desenvolvemento socioeconómico e a fixación da poboación. Nesta categoría valoraranse aspectos como o incremento no número de empregados/as , o incremento no número de empregados/as con contrato indefinido, as medidas sociolaborais de RSE implantadas pola empresa, entre outros.

Concello promotor do emprego de calidade

Na cuarta categoría poderán presentarse concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que impulsen a iniciativa empresarial e o emprendemento, promovan a xeración de emprego de calidade e contribúan á fixación da poboación. Nesta categoría valoraranse aspectos como a xeración de emprego, a inclusión de colectivos en risco de exclusión social, o fomento do traballo colaborativo e a poboación do municipio, entre outros.

Mellor asociación empresarial

Categoría dirixida a asociacións, agrupacións, federacións e confederacións de empresarios/as da provincia da Coruña. Nesta categoría valoraranse aspectos como os servizos ofertados pola asociación, as actividades e proxectos postos en marcha pola mesma, os logros acadados, entre outros.

A participación só poderá realizarse mediante o envío da documentación requirida nas bases de xeito telemático, a través da plataforma Subtel. Todos os anexos requiridos para a presentación das candidaturas poderán ser descargados desde a propia páxina web do Plan de Emprego Local (http://emprego.dacoruna.gal) e desde a plataforma Subtel da Deputación. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias