Lugo. Obxectivamente, o San Froilán 2018 foi unha das mellores festas dos últimos
anos. Así o manifestou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción
da Lingua, Carmen Basadre, quen asegurou que as patronais deste ano destacaron
por ser as máis divertidas, entretidas e diversas das últimas edicións, con
gran espíritu festeiro da xente nas rúas. Péchanse así nove días de festas cunha
programación de máis de 280 actividades aptas para un público de todas as
idades.
"Triunfou a tradición e a cultura, pero tamén triunfaron as novas
apostas", destacou a edil, quen fixo énfase en dous dos concertos máis
multitudinairos; a actuación de Rozalén, "un concerto moi especial",
e o de Hombres G, que reviviron na Praza Horta do Seminario a maxia dunha
época; sen olvidarse dos grupos de Lugo, "unha aposta importante e exitosa
pola xente de aquí, que se viu na asistencia de público a todas as súas actuacións",
tanto as sesións vermús, os pasarrúas ou distintas actuacións nas que participa
a xente de Lugo, como a Noite Sabinera,
o espazo hip-hop ou a noite de Djs, entre outros. Nesta liña de ocos para
diversos espazos musicais destacou tamén o Sanfroidance, co que o Concello
colabora cunha achega de 15.000 euros, ademais de dispoñer a carpa e a
producción, que de novo conseguiu poñer a Lugo e ao San Froilán como epicentro
de música negra e electrónica.
Carmen Basadre tamén fixo fincapé no cheo total que conseguiron as
orquestras La Favorita, Pontevedra e Cinema; "onde a Praza maior viviu
unha sesión vermú e unhas noites maravillosas". O feiral tamén estivo
masificado, cunha xornada completa onte, Día
das nenas e dos nenos, onde os distintos carruseis ofreceron prezos
especiais. Gastroarte e a carpa de Cultura e Tradición no Camiño alcanzaron un
ano máis espertar o interese das persoas asistentes.
Un
ano máis, os actos máis tradicionais, como o pregón, a cargo de Manuel Lombao,
o desfile de gando, a mostra de traxes galegos, ou a ofrenda a Rosalía, de máns
de Paloma Lugilde, mantiveron a capacidade de convocatoria; do mesmo xeito que
o San Froilán Miúdo. En xeral, toda a programación logrou concentrar numeroso
público, destacando o espectáculo piromusical e video mapping do día 5 de outubro, coa historia do patrón.
"O San Froilán sigue existindo e triunfando, é unha festa que non
morrerá, pois ten un espíritu vivo", quixo remarcar Carmen Basadre, quen
declarou a satisfación do Goberno, tanto no que se refire a participación,
asistencia e normal desenvolvemento da programación.
Os datos oficiais da Oficina Municipal de
Turismo e da caseta informativa que instalou o Concello na Praza Maior, onde a
entidade local atendeu a máis de 11.000 persoas, como a ocupación hotaleira
ofrecida pola APEHL, ao redor do 97%, amosan o éxito de participación dos
festexos, declarados de Interese Turístico Galego e Nacional.
Basadre amosou o agradecemento do Goberno a
todas as persoas que visitaron Lugo estes días, que fixeron que as festas sexan
de todos e para todos; e convidou a seguir gozando co produto gastronómico estrela
do San Froilán, o polbo, nas casetas, que continuarán abertas ata o día 4 de
novembro.
II Concurso Olladas do
San Froilán
O
Concello impulsou de novo o concurso de fotografía e vídeo Olladas do
San Froilán, un certame que ten como obxecto difundir as festas, declaradas
de Interese Turístico Galego e Nacional, a través de pezas audiovisuais de
libre creación, que aporten as particulares miradas das persoas participantes,
e que recollan calquera dos variados aspetos que caracterizan estes festexos.
O
concurso está aberto a persoas maiores de 18 anos de idade. O prazo para
presentar obras remata o 2 de novembro. As bases do certame pódense consultar
na propia web das festas sanfroilan.info. Existe un único premio de 1.600
euros.
As redes sociais dos
festexos
En
canto ao balance das redes oficiais do San Froilán, en Facebook superáronse as
12.000 persoas seguidoras, con máis de 10.000 visitas á paxina. Nesta rede
social, o alcande das publicacións foi de 177.080, 118.760 interaccións coa
páxina e 91.374 reproduccións de vídeo.
No
referente a Istagrama, superáronse os 1.000 seguidores, medrando en torno ao
50%. O alcance das publicacións foi de máis de 60.000 eprsoas, e as
interaccións, máis de 73.500.
Por último, en Twitter, o San Froilán alcanzou 181.000 impresións, 8.224
visitas ao perfil e 240 mencións. Departamento de comunicación