El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA

Abre o prazo para a inscrición nas Xornadas de actualización de coñecementos interactuando no tempo libre

26-09-2018 12:40:13

A Xunta de Galicia abre o prazo para a inscrición nas XII xornadas galegas de actualización de coñecementos e intercambio de experiencias Interactuando no tempo libre que se celebrarán os días 19, 20 e 21 de outubro no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña).

O obxectivo é crear un espazo de reflexión e debate entre os profesionais do sector acerca da importancia da educación non formal como acción educativa e transformadora no eido do tempo libre, a través dunha metodoloxía activa e participativa.

Os destinatarios deste foro son monitores/as e directores/as de actividades de educación no tempo libre, técnicos/as de xuventude e dinamizadores/as xuvenís, profesionais do ámbito e membros de asociacións xuvenís, grupos informais que realicen actividades de educación no tempo libre e voluntarios/as.

Interactuando no tempo libre artellarase cunha sesión inaugural que dará paso á feira de experiencias na que os asistentes poderán visitar os diferentes postos da mesma para coñecer de forma directa e próxima as iniciativas que se expoñen. Estes postos poderán ser estáticos, onde estean expostos os traballos, ou ben ser presenciais e atendidos polas persoas que expoñen, de xeito que a experiencia sexa máis interactiva e directa. Os interesados en dispor dun stand na feira, poden solicitar a súa participación enviando un correo electrónico antes do 13 de outubro con toda a información sobre o que se poderá ver no posto.

Así mesmo, como en edicións anteriores, haberá faladoiros sobre emprego, sobre a Campaña de verán da Xunta de Galicia e sobre titulacións de tempo libre. Os interesados en asistir deberán cubrir o formulario que atoparán na web de Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias