El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Deportes

GALICIA

En marcha a Comisión Galega de Control da Violencia

25-09-2018 20:17:30
Marta Míguez Telle (c).

Galicia é unha das primeiras comunidades autónomas en activar esta ferramenta fundamental para traballar na prevención e sanción da violencia no ámbito do deporte.

A Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, presidiu esta mañá o acto de constitución da Comisión Galega de Control da Violencia, un órgano que dará cobertura e resposta as denuncias que se produzan no contexto da práctica de competicións oficiais deportivas de ámbito autonómico, provincial, zonal ou local, toda vez que a Comisión Estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte da cobertura ás competicións oficiais deportivas de ámbito estatal.

Despois de que o Consello da Xunta aprobase o 31 de maio de 2018 o decreto polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Galega de Control da Violencia e o procedemento sancionador na materia, hoxe esta quedou constituída e posibilitará actuar directamente e non só en vía de revisión de decisións federativas en temas de violencia.

A Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez salientou que “a constitución desta Comisión era unha demanda da sociedade ante as imaxes que todos temos gravadas na retina de enfrontamentos entre espectadores, insultos aos deportistas e aos árbitros ou comportamentos nada desexables de adestradores” e asegurou que “a nosa prioridade é a de prevención, sensibilización e a educación nos valores do deporte”. No caso de que para protexer eses valores sexa preciso sancionar, advertiu, “farémolo con firmeza”.

Ata agora, a nivel autonómico, só o Comité Galego de Xustiza Deportiva podía actuar ante un incidente violento sempre que se producise unha denuncia, en vía de recurso ou apelación, dentro do exercicio da potestade disciplinaria deportiva.

Hoxe Galicia convértese nunha das primeiras comunidades autónomas do país en poñer en marcha esta útil ferramenta para a erradicación da violencia no ámbito deportivo.

Esta Comisión reunirase como mínimo dúas veces durante o ano natural, as súas funcións organizaranse en dous grupos: preventivo e sancionador.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias