El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

GALICIA RECICLA

Medio Ambiente agradece ao HC Liceo a súa colaboración para avanzar cara a economía circular

18-07-2018 18:29:48
Beatriz Mato, nas instalacións do HC Liceo.

A Coruña.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladou o agradecemento ao Hockey Club Liceo polo traballo que están levando a cabo para fomentar e avanzar cara a economía circular, a través da reciclaxe de envases nas súas instalacións.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio visitou hoxe aos rapaces do Hockey Club Liceo, que participan en accións de recollida selectiva e de fomento da reciclaxe, unha das accións organizadas ao abeiro da iniciativa Galicia Recicla, posta en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración con Ecoembes, e que conta cun orzamento de máis de 4 millóns de euros.

Salientou que grazas á participación e colaboración do clube deportivo instálanse contedores de recollida selectiva nas instalacións, fomentando que todo o mundo tome conciencia de que reciclar correctamente envases nos fogares, nos lugares de traballo... pode supoñer un beneficio enorme para o medio ambiente.

O obxectivo deste tipo de iniciativas é promover o tránsito cara a economía circular a través da reciclaxe de envases en Galicia e en España, e dar cumprimento aos compromisos e obrigas fixadas para o ano 2021 en relación coa recollida selectiva de envases en Galicia; ao tempo que se impulsa a economía circular na Comunidade. Aclarou que, segundo o Estudo de Hábitos de Reciclaxe dos Españois encargado por Ecoembes, as familias galegas contan cunha media de 2,6 cubos para poder levar a cabo este labor de separación na casa. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias