El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Más noticias

AGOLADA

Agolada, capital da música

12-07-2018 15:33:35
VI Campus Agolada Musical 2018.

Agolada.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá nos pendellos de Agolada na presentación do VI Campus Agolada Musical 2018 que se celebrarán no municipio pontevedrés entre o 15 de xullo e o 1 de agosto, unha iniciativa na que colaboran a Consellería de Cultura e Educación -a través da Secretaría Xeral de Cultura-, o Concello de Agolada e a Federación Galega de Bandas de Música.

Valentín García incidiu especialmente no I Encontro da Banda Sinfónica Infantil, que abrirá este Campus o día 15 de xullo. O secretario xeral considerou que a infancia e a adolescencia, a quen a miúdo vemos como colectivos uniformes, están en realidade formadas por persoas que teñen intereses diferentes e aos que se lles debe dar resposta. “A algúns gústanlles os deportes, a outros a ciencia, ou o teatro... e a moitos, a moitísimos, gústalles a música, tal e como demostra a súa presenza revitalizadora nas bandas de toda Galicia”. “Unhas bandas ?explicou o secretario xeral? que están facendo un labor fundamental na formación musical da nosa mocidade, especialmente en zonas rurais onde a oferta formativa é menor, e ás que queremos apoiar uníndonos a iniciativas coma esta que hoxe presentamos”.

Valentín García estivo acompañado na presentación por Ramiro Varela Peón, alcalde de Agolada; Alberto Vilariño, concelleiro de Cultura; Iván Estévez, presidente da Federación Galega de Bandas de Música e Juan Collazo, director do VI Campus Agolada Musical 2018.


Agolada

Agolada converterase unha vez máis en capital musical de Galicia grazas ao VI Campus Agolada Musical 2018 que se desenvolverá entre o 15 de xullo e o 1 de agosto vindeiros. As actividades abriranse co I Encontro da Banda Sinfónica Infantil, que se prolongará ata o 18 de xullo e que contará coa participación de máis de cincuenta rapaces de ata 14 anos de idade chegados de toda Galicia. Estes pequenos músicos contarán co apoio dos profesores Iago Lariño (frauta), José Luís Taboada (clarinete), Marcos Mariño (saxofón), Víctor Vilariño (trompeta), Javier González (trompa), Juan Luis Novo (trombón), Juan Collazo (percusión), Alejandro Piñeiro (coro) e Nilo Jesús García (banda). Os asistentes gozarán tamén de “master classes” ou obradoiros de concertos a cargo de Quinteto Quintarian Brass, Luis Miguel Chaves, Ibou Ndiaye e Abraham Cupeiro.

Do 22 ao 27 de xullo celebrarase o I Curso de Música Antiga, que contará coa participación dos profesores Alejandro Casal (clavecín e música de cámara), Fernando Santiago (violonchelo barroco e orquestra barroca), Fran Pérez (canto e coro), Germán Echeverri (violín barroco, música de cámara e orquestra barroca), Magna Ferreira (canto e coro), Manuel Vilas (arpa histórica), Mariña García Bouso (violín barroco), Pablo Dopazo (serpentón), Paulo González (gaita de fol, música de cámara e improvisación), Pedro Castro (frauta doce, óboe, ornamentación e orquestra barroca), Francisco Luengo e Francisco Javier Garbayo (conferencias) e José Antonio Parada González (Qi gong).

O Campus Agolada Musical 2018 finalizará co FIP XIII Merzapercusión, que se desenvolverá entre o 29 de xullo e o 1 de agosto. Este encontro combina o FIP, o Festival Internacional de Música que se desenvolve polas noites, cunha sección máis didáctica, o Merzapercusión, que ten lugar ao longo do día e na que van participar 64 alumnos e alumnas guiados polos docentes Vanesa Muela (percusión doméstica e folclore), Noé Rodrigo e Verónica Cagigao (instrumentos de láminas), Diana Sanprón (“loop station” para percusionistas), Vicent Zaragoza (percusión orquestral), Irene Rodríguez e Marina Quílez (percusión grupal), Carlos Puga e Lucas Martínez Suárez de Centi (improvisación), Palmira Cardo (percusión e reciclaxe) ou Roi Adrio (percusión étnica). Entre as actuacións previstas no marco desta iniciativa figuran as de Odaiko Percussion Group e Vanesa Muela, Verónica Cagiao, ou Pussat.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias