El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Primeira reunión da Asociación de Concellos do Camiño Inglés

10-07-2018 16:20:44
Reunión con alcaldes e concelleiros.

A Coruña.- A Deputación da Coruña acolleu hoxe unha reunión con alcaldes e concelleiros dos municipios de Neda, Mesía, Paderne, Fene, Carral, Ordes, Miño, Oroso, Abegondo, Betanzos, Narón, Cabanas, Santiago de Compostela e Pontedeume durante na que, entre outras cuestións, se aprobaron os estatutos da Asociación de Concellos do Camiño Inglés .

A idea da constitución desta asociación xurdiu en base á celebración das dúas edicións da feira “Primavera no Camiño Inglés”, organizadas pola Deputación da Coruña, que conseguiron reunir por primeira vez en Betanzos aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo, que conecta os portos da Coruña e Ferrol con Santiago de Compostela. O evento serviu para impulsar a idea dunha unión de todos os concellos para xuntar esforzos de cara a lograr os mellores recursos nun referente turístico e patrimonial que cada vez goza de maior afluencia de visitantes como é o Camiño Inglés.

Neste sentido, unha das prioridades da entidade será a de incorporar nos vindeiros meses aos concellos de Ferrol, Coruña, Culleredo e Cambre, por ser parte fundamental do trazado, así como facer chegar a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia diversas propostas de mellora acerca do trazado actual do Camiño e as súas infraestruturas.


Promoción do Camiño dentro e fóra de Galicia

O deputado provincial Antonio Leira presidiu a reunión, na que se incidiu en asuntos como a promoción do Camiño Inglés alén das nosas fronteiras, como no caso do condado de Durham, en Reino Unido, onde historicamente comezou o percorrido e onde a Deputación xa iniciou contactos para a promoción do Camiño Inglés, que terán continuidade por parte da nova asociación. “Esta alternativa é unha gran descoñecida en Inglaterra, pero conta cun potencial moi bo, xa que a poboación inglesa ten un gran afección e interese polas rutas xacobeas. En outubro, unha delegación da asociación visitará Inglaterra para promocionar o Camiño Inglés e abrir novas canles de colaboración e novas perspectivas de futuro”, afirmou Leira, que avanzou que a Deputación prepara tamén un ciclo de actividades para promocionar a ruta na provincia durante o mes de outubro.

Os concellos integrantes da asociación fixeron tamén balance do impacto das múltiples actividades do ciclo “Primavera no Camiño Inglés” e manifestaron a súa intención de continuar traballando de cara á terceira edición dun evento que xa é un referente turístico para a provincia e que se celebrará de novo en 2019. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias