El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón pide a Feijóo que pare a "bomba ambiental" da mina de Touro

10-06-2018 13:57:52

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a participación do BNG na manifestación convocada pola Plataforma Mina Touro-O Pino, NON que congregou en Santiago a milleiros de persoas nunha causa común: Parar un proxecto de megaminería espoliadora e contaminante con consecuencias letais para os concellos afectados, en termos ambientais, económicos e sociais. 

“Unha mensaxe para Feixóo: Que abandono ese proceso de reflexión serena no que está inmerso coa mirada posta en Madrid, e erga os ollos para ver con claridade o que lle están dicindo miles de galegos e de galegas nas rúas, que non queremos ese proxecto de megaminería”, salientou Pontón. 

A dirixente do Bloque apelou ao custe ambiental que pon en risco o territorio, ao custe económico que pon en risco o emprego no medio rural non só nos concellos directamente implicados, -Touro e O Pino-, tamén os da comarca e ás rías de Arousa e Noia, xa que todos se verían afectados pola contaminación dos acuíferos e dos ríos, en particular do Ulla, poñendo en risco milleiros de empregos no sector da pesca e do marisqueiro. 

“E tamén é unha cuestión do modelo de desenvolvemento que queremos para Galiza, non pode basearse no espolio dos nosos recursos naturais senón no apoio aos nosos sectores produtivos”, argumentou a portavoz do BNG, “e iso é o que está dicindo unha maioría social na rúa, onde estamos persoas diferentes pero unidas por unha causa común que é parar esa bomba ambiental da mina de Touro- O Pino”. 

Por iso, recalcou, “é hora de que Feixóo asuma a súa responsabilidade como presidente e despois desta mobilización anuncie que vai dicir non a reapertura desta mina”, proclamou Pontón, convencida de que a mobilización social “conseguirá parar a mina de Touro- O Pino como antes logramos parar a de Corcoesto, tamén triunfará neste caso e imos parar esta nova bomba ambiental”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias