Pontevedra.- O Centro de Artesanía e
Deseño (CENTRAD) da Deputación acolle hoxe o último obradoiro de instrumentos
medievais coa construción dunha zanfoña, que estará dirixido polo luthier
Antonio Franco. Trátase dunha iniciativa pioneira, pois por primeira vez en
España unha administración pública ofrece a profesionais do sector formación
gratuíta da man de reputados Luthiers sobre a construción de instrumentos
medievais adaptados ao século XXI. É dicir, non se realizarán réplicas, senón
innovadoras e punteiras pezas, facilmente tocables por músicos contemporáneos.
Mediante este proxecto
realizáronsereplicas de instrumentos medievais que aparecen reflectidos en
esculturas en pedra de emblemáticos lugares como Pórtico da Gloria, a Catedral
de Lugo ou o Pazo de Xelmírez, así como planos necesarios para construír
instrumentos medievais para músicos contemporáneos.
Cómpre destacar que os profesionais
do Centro de Artesanía e Deseño xa foron os autores das, neste caso, réplicas
dos instrumentos do Pórtico da Gloria que acolle as instalación do CENTRAD na
capital lucense, nunha mostra punteira en Europa. Ademais, a Deputación prestou
estes instrumentos a profesionais como Carlos Núñez para os seus concertos, e a
institucións para mostras como a do Pergamiño Vindel, que hoxe está en Vigo e
conta con 3 destas pezas do CENTRAD.
Con este pioneiro iniciativa,
ofrecéronse aos mellores profesionais 6 obradoiros gratuítos, impartidos por
reputados Luthiers, para aprender a construír estes instrumentos medievais
adaptados aos século XXI, que xorden das investigacións dos mestres artesáns da
Deputación de Lugo. E é que debido á súa alta especialización, estes obradoiros
están dirixidos a profesionais.
Antonio Franco
Antonio Franco, Mestre
artesán do Obradoiro de instrumentos musicais ó que se incorporou como alumno no
ano 1986. Durante estes anos constrúe e participa na produción de zanfoñas,
gaitas, e instrumentos de percusión, e mantén unha colaboración activa nos
proxectos desenvolvidos tanto de construción como na formación de artesáns.
Seis obradoiros
Este proxecto, coordinado
por Luciano Pérez, mestre artesán do CENTRAD, remata con este obradoiro de
zanfoña. Dende outubro que comezou o 1º
obradoiro de GIGA e de Rota dirixido por
un dos mellores luthiers do mundo, Christian Rault,seguiron os deviola oval con
arco deXermán Arias, e os de Citola e Viola oval (II), impartidos por Antonio
Franco Carreira. O cadro de profesionais queparticipanos obradoiros de
construción está composto por artesáns e Luthiers de grande recoñecemento no
sector e cunha ampla traxectoria no eido da recuperación de instrumentos
musicais medievais. Departamento de comunicación