El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

ATENEO DE SANTIAGO

Victoria Otero e Guillermo Rojo ofrecerán unha conferencia no Ateneo de Santiago

16-02-2018 11:03:27
Victoria Otero e Guillermo Rojo.

Santiago.- O luns 19, ás 20 horas, na Rúa do Vilar 19, o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia titulada “Matemáticas: o valor da palabra”, que estará impartida polo membro da xunta de gobernó da RAE, Guillermo Rojo; e pola presidenta da Comisión Profesional da Real Sociedade Matemática Española, Victoria Otero.  

Guillermo Rojo Sánchez, doutor en Filoloxía Románica e profesor emérito da USC, é coordinador da área lingüística do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Ademáis, é tesoureiro na xunta de goberno da RAE dende 2014 e pertence a diversas asociacións lingüísticas como a Sociedade Española de Lingüística, a Association for Literary and Linguistic Computing, a Asociación de Lingüística y Filología de América Latina (ALFAL) ou a Asociación Española de Español como Lengua Extranjera (ASELE). Forma parte tamén dos consellos de redacción das revistas Español Actual, Moenia, Boletín de Lingüística (Universidad Central de Venezuela), Lingüística (ALFAL) e a Revista de la Sociedad Argentina de Lingüística. 

 Victoria Otero Espinar é licenciada en Matemáticas pola USC, tendo realizado a súa tese doutoral baixo a dirección dos doutores Charles Tresser (Universidade de Nice e Centro de Investigación IBM en New York) e Fernando Costal (USC) en 1992, sobre os sistemas dinámicos discretos. É  membro do Consello de Goberno e do Consello Científico do Instituto de Matemáticas da USC, así como de sociedades profesionais e outras asociacións científicas. Ademáis, tamén participa activamente en actividades de innovación docente e na organización de actividades de divulgación científica, encamiñadas a conseguir un achegamento das Matemáticas á sociedade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias