El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación concede 367.920 euros en axudas ás asociacións agrarias e labregas da provincia

13-12-2017 14:51:40

A Coruña.- A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión definitiva de dous liñas de axudas entidades asociativas agrarias e labregas da provincia. En total, concedéronse as subvencións a 98 asociacións por un importe total de 367.920 euros. 71 entidades solicitaron estas axudas para a realización de actividades, mentres que 27 realizarán investimentos relacionados cos sectores agropecuario e forestal. 

Estas axudas orientadas ao fomento do sector primario permitirán a posta en marcha de novos proxectos, coma a xestión eficiencia no cultivo da Pataca, proposto pola Asociación Rural Galega e dotado con 4.000 euros, ou a implantación de iluminación eficiente na Asociación de Desenvolvemento Rural Odega (4.904 euros). 

Así mesmo, as achegas provinciais financiarán a realización dun gran número de actividades de formación e asesoramento técnico, co obxectivo de ofrecer melloras en sectores chave coma o lácteo ou o forestal. Algúns exemplos son  ou as xornadas para a prevención de incendios da Asociación Sectorial Forestal Galega, dotada con 5.171 euros, ou as sesións informativas sobre a productividade do leito da Asociación Sectorial Láctea Galega, que recibe 4.899 euros.


Comunidades de montes

As comunidades de montes reciben gran parte destas axudas, coas que se financia a realización de traballos silvícolas, proxectos de valorización de produtos forestais e a adquisición de maquinaria e ferramentas. En total, serán 71 as asociacións de montes en man común beneficiadas en toda a provincia. A maior parte delas concéntranse na comarca do Barbanza, onde a Deputación deixa 194.646 euros para 56 entidades. 

As achegas provinciais financiarán actividades e investimentos das comunidades de montes Barbanza de Postmarcos (4.000 €), Iroite (4.000 €), Parroquia de Nebra (2.000 €), Barbanza Enxa y Dordo (4.000 €), Parroquia de Xuño (2.000 €), Barbanza Xaramelo y Granxa (3.340 €), Parroquia de San Pedro de Porto do Son (4.000 €), Campelo Vilar e Cerqueiras (4.000 €), Iglesia y Pascual Coto Redondo (4.000 €), Pena-Leiro de Rianxo (3.500 €), San Lois Solar Carballoso (2.000 €), Montiño Somoza Fexos y Otros (4.000 €), Monte Barbanza Argalo (3.200 €), Balteiro Folgoso y Otros (2.000 €), Barbanza de Camboño (4.000 €), Montes Olveira (2.640 €), Parroquia de Artes (4.000 €), Caamaño (3.200 €), Barbanza de Lesón (7.412 €) e Barbanza, Enxa, Xian e Outros (8.000 €). 

En Boiro, as beneficiadas son as asociacións de montes de Comoxo (4.000 €), Moimenta (2.520 €), Cadarnoxo (4.000 €), Sealo (2.600 €), Sadrenzo de Boiro (3.140 €), Bealo-Boiro (2.000 €), Mieites-Boiro (3.200 €), San Cristobal de Abanqueiro (2.736 €), Enseño e Pomar de Río (4.000 €), Cimadevila-Boiro-Castrofeito (4.000 €), Abelán (2.000 €), Insuachan (4.000 €), Galea (2.000 €), Peon de Macenda (4.000 €), Deira Pedroso (3.100 €), Pena da Mula, Pozas da Lagoa e outros (3.200 €) e Montaña Piñeiro e Escobias (6.400 €). 

Así mesmo, as subvencións provinciais financiarán actividades e investimentos de numerosas comunidades de montes de Lousame: Confurco de Les (2.000 €), Burzo en Fruíme (4.000 €), Aldariz Fruíme (2.600 €), Barreira y Guiende (2.000 €), Marselle (2.560 €), Lesende Monte Colou (3.300€) e Afeosa (8.000 €). 

Na zona de Muros as achegas foron concedidas as mancomundidades de montes de Sestaio de Arriba e Fondo (2.000 €), Serres (4.000 €), Tal (4.000 €),  Vistabós-Torea-Muros (4.000 €), Santa Mariña de Esteiro (2.000 €), Lugar Amira (4.000 €), Monte Agudo (1.800 €) e  Eiroa (4.000 €), mentres que en Mazaricos recibiron achegas as comunidades de montes veciñais do Lugar de Lamaspín (4.000 €), Santa Baia (4.000€), Louro (2.198 €) e Xian, Furiño e Outros (2.000 €). Na comarca de Bergantiños e a Costa da Morte, as subvencións provinciais recaen nas entidades de Ginedo e Neme (Malpica), con 4.000 €; Monte Ramil Rus (Coristanco), con 4.000 €; La Toja Vimianzo, 2.000 €; Ogás, con 1.800 €, e A Valiña, con 1.800 €. 

Na zona de Santiago, as comunidades de montes que reciben as axudas provinciais son as padronesas Angueira de Suso (4.000 €), A Matanza (4.000 €) e Tremedeiro e os Batáns (4.000 €); Paradela (1.500 €), Vilouriz-Toques (10.000€),  Brión (4.000 €) e Susamontes, Parapico e Abelendo (4.000 €) e Carrais (7.800 €) , en Rois. 

Por último, tamén se concedeu unha axuda de 2.000 euros ao monte veciñal Coto de Trapa, Pouso e Ponte Maio, para o acondicionamento de tres parcelas na parroquia de Rozas, situada no concello de Pontedeume. 

Nesta mesma liña, entidades de ámbito provincial e autonómico reciben tamén axudas da Deputación para financiar actividades de dinamización e valorización das actividades forestais e silvícolas. Á Entidade Galega solicitante da Certificación Forestal concedéronselle 4.000 € para levar a cabo un proxecto de reestruturación dos instrumentos de xestión forestal certificados para facilitar o acceso das micropropiedades da provincia, mentres que o Grupo de Xestión Forestal Sostible do Norte utilizará a axuda de 4.000 € para ofrecer asistencia técnica sobre a certificación FSC e asesorar aos seus membros. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias