El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Susana Evangelista
Xosé M. Piñeiro
Vaiche Boa

Posados erótico-festivos

08-02-2010

¡Qué obsesión por facerlle fotos a todo canto bicho atopan polo camiño! Falo das noites da fin de semana en pubs, discos e outros lugares de mal vivir, onde con tanto teléfono móbil e tanto megapixel solto non hai maneira de sair ileso de tanto disparo. Desde que a xente nova, e non tan nova, soamente se comunica a traves do “tuenti” e do “facebook”, non hai maneira de vivir tranquilo, sen o temor a que o teu careto apareza conxestinado en sabe Deus que lugar de internet o domingo pola tarde.

A xente disfruta bailando e autofotografándose en mil e unha poses, con caras e xestos imposibles a medida que a noite vai facendo estragos; mesmo os lugares de moda teñen ós seus propios “Rizos”, “Rezas” ou “Pachecos”, nomes sagrados da historia fotográfica de rúa en Ourense e Vigo, que se encargan de que todo o mundo poida sacar o seu lado exhibicionista e mesmo descoñecido para posar diante da cámara e formar parte dese mosaico de imaxes que reflicten o animadas e golfas que poden ser as noites da fin de semana. Aínda que non sei eu se moitos dos que se deixan retratar bicando ó seu compañeiro da construcción ou á súa compañeira de oficina non sairán centelleados ó día seguinte na busca e captura do retratista en cuestión para tratar de impedir que os seus efluvios alcohólico-amorosos sexan compartidos “urbi et orbi” por todo canto internauta teña a ben concectar coa páxina web do local en cuestión.

Eu confeso que ó principio por aquelo de non parecer un borde engreido deixaba, de non moi boa gana por certo, que o meu careto aparecese ó lado de calquera descoñecido de Lalín ou Porriño que confesaban ser seguidores acérrimos do programa que mesmo aseguraban ter visto o día anterior. Para que explicarlles, ás tantas da madrugada, que o programa xa non se emite desde o mes de Xullo. Facía a foto co mellor dos meus sorrisos e chao pescao. Pero desde que os meus afillados me localizaron no “facebook” da prima dunha amiga súa coma se dun “agregado” máis se tratara, declino posar unha boa cantidade de veces, asumindo que a esas horas intempestivas ninguén vai entender que non queres sair con esa cara conxestionada que che poñen os locáis nocturnos, onde segue sen respectarse o aforo marcado pola lei e que che provocan a aparición duns coloretes e suores que mesmo parece que acabas de trafegar todo o ron chegado de Cuba. Tratas de convencelos de que a foto queda máis bonita coa luz do día e que mesmo lla podes dedicar, pero “que se queres arroz Catalina”; a esas horas a capacidade de discernir está baixo mínimos, e o único que consigues e que estean toda a noite intentando pillarte despistado para sacarche o nariz máis torto do que é realmente, e a papada máis pronunciada ca dun pavo polo Nadal.

Alguén me dirá que un xa non está en idade de andar de picos pardos por este tipo de locáis de perdición, e seguramente teña razón; pero de cando en vez tampouco está tan mal cambiar “La Noria” ou a peli do “Plus” por unha incursión en “territorio comanche”. É verdade que a rúa está agresiva e que cada día os locáis teñen máis empregados con pinganillo na orella para controlar á xauría humana, pero é o que hai e tamén ten a parte positiva de ver a eses anónimos conveciños de tódolos días transformados coas súas mellores galas en desinhibidos adoradores de Beyoncé, que aceptan de bo grado pasar a posteridade bailando e posando diante da cámara como se dun casting nocturno se tratara.

Xosé M. Piñeiro


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




LO QUE HAY QUE VER

"El Freddy", ¿dueño de Coruña?

¿Quién es "El Freddy"? De momento sólo se sabe que es el protagonista de una enigmática campaña publicitaria presentada en A Coruña. El individuo, que habla "koruño", se reivindica en la web, en autobuses y en vallas como el verdadero "dueño" de la ciudad. Para demostrarlo muestra hasta documentos "oficiales". En los próximos días sabremos quién está detras.


OTROS VÍDEOS
ENCUESTA
  • ¿Cree que el alto el fuego de ETA conducirá al abandono definitivo de las armas?
  • No
Videoteca