El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Susana Evangelista
Xosé M. Piñeiro
Disparando aos reloxos

Bipartidismo suicida

18-08-2009

 Desde sempre o verán é un tempo de excesos pero hai ben anos que non se vivía un verán politicamente tan caloroso, tan acendido e, mesmo, tan incendiario. Desde a sentenza, inicialmente exculpatoria, das mentiras e dos tratos de favor recibidos por Francisco Camps, o Partido Popular engorda unha espiral de declaracións nas que sinala ao presidente Zapatero como responsábel dunha feroz persecución e da promoción de «xuízos paralelos» para evitar que o Partido Popular sexa a alternativa de goberno en 2012.

Os conservadores rivalizan para ver quen di unha máis gorda nunha poxa disparatada que hai días que crebou as liñas vermellas da confrontación interpartidaria e da sensatez. As acusacións de Cospedal sobre a responsabilidade do executivo na realización de escoitas ilegais, características dun Estado policial, transformáronse, en palabras de Arenas, nun trato á oposición propio dunha ditadura. Seguiulles unha boutade de Ana Mato que cualificou a Zapatero como «a persoa máis ditatorial do mundo» e unha carneirada de Costa que fala dun «complot de Estado» contra o PP xa que lle parece pouco o da «conspiración inquisitorial» que rotulou Mariano Rajoy.

A crecida verbal é xustificada polos dirixentes populares: «Puxéronnos diante un escenario de guerra e actuamos en lexítima defensa.» A linguaxe bélica cómprelle ao caso porque, con aínda que evidentes episodios de «guerra quente», as retesías entre os dos dous partidos maiores do Estado aseméllanse cada vez máis á lóxica de confrontación das dúas superpotencias durante a Guerra Fría.  

Fracasada toda disuasión, desde as pasadas eleccións europeas, Partido Popular e Partido Socialista teiman na súa estratexia do bordo do abismo tensando o xogo político e as institucións até (case) o punto de ruptura. Esta lóxica suicida baséase na presunción de que, no último instante, algún dos dous afrouxará, abonará os custes da tirada perdida e a situación volverá mansamente á normalidade. A experiencia indica que as posibilidade de retorno á normalidade son, pola contra, bastante remotas.  Os estrategos de Ferraz e Génova están persuadidos de que a estratexia da crispacións os beneficia nunha dinámica de acción-reacción que ningunea ás forzas políticas menores e contribuirá a maximizar os seus apoios en vindeiras eleccións. Non queren ser conscientes de que a súa escalada de tensión fixo entrar a PP e PSOE nunha nova fase da súa particular guerra fría.

Co verán inaugurouse o que no pasado os enxeñeiros do terror do Kremlin e do Pentágono bautizaron como a estratexia MAD, acrónimo de Mutual Assured Destruction / Destrución Mutua Asegurada. Alguén ganará pero a vitoria sairalle terribelmente custosa.  Non hai que ser moi espertos para saber que a día de hoxe non se discute da integridade dos gobernantes, nin da credibilidade da dita clase política, está aberta a porta dunha crise de lexitimidade de moito maior calado. Vivimos nunha democracia de partidos pero cada vez é máis dubidoso de que a calidade da nosa democracia gane nada cun catálogo de oferta coutado polos caprichos estratéxicos dos «dous grandes». A súa axenda política está ferozmente divorciada da axenda de preocupacións cidadáns e unicamente a bipolaridade mediática crea a ficción de que a súa lea é un auténtico debate político.   O problema da súa perda de lexitimidade é que funciona cunha dinámica viral, imparábel, exponencial. O cadro clínico fixouno a escritora Ángeles Caso: «O resultado é o que vemos: homes e mulleres que, en boa medida, chegaron ás alturas dos partidos sen que nada os avale, sen profundidade intelectual, sen discurso, sen ideas, sen imaxinación, sen xenerosidade. Políticos mesquiños e bastos que só parecen preocupados por instalarse ou manterse no poder, á conta do que sexa <...> Non dubido de que os outros existen.

Pero o certo é que cada vez se lles ve menos.» En agosto non se lles veu, de momento, nada de nada.  Será difícil atopar aos pais intelectuais da idea fixa coa que se gobernan Partido Popular e PSOE: ganar as eleccións antes de que se celebren grazas á descualificación do opoñente. Jacinto Benavente dicía que «unha idea fixa sempre parece unha grande idea, non por ser grande, senón porque enche todo un cerebro». Así, van camiño de ningures, cómprelles con urxencia facer oco a outras ideas alternativas, con menor vocación exterminista e maior calidade democrática.   O noso refraneiro indica que agosto farta e agosto mata. Unha parte significativa da cidadanía xa está farta e, de seguir coa súa lóxica de guerra fría, PP e PSOE rematarán por esgotar as xa minguadas reservas de ilusión dos cidadáns que aínda lle outorgan algún crédito.

Manuel M. Barreiro


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




LO QUE HAY QUE VER

"El Freddy", ¿dueño de Coruña?

¿Quién es "El Freddy"? De momento sólo se sabe que es el protagonista de una enigmática campaña publicitaria presentada en A Coruña. El individuo, que habla "koruño", se reivindica en la web, en autobuses y en vallas como el verdadero "dueño" de la ciudad. Para demostrarlo muestra hasta documentos "oficiales". En los próximos días sabremos quién está detras.


OTROS VÍDEOS
ENCUESTA
  • ¿Cree que el alto el fuego de ETA conducirá al abandono definitivo de las armas?
  • No
Videoteca