El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Teresa Antequera
Disparando aos reloxos

A enquisa MacGuffin

05-08-2009

A Consulta Feijóo sobre o galego no ensino é un «macguffin». Alfred Hitchcock ideou o «macguffin» como un elemento para alentar o suspense e  facer progresar a trama narrativa das súas películas. O enxeño do cineasta británico non era máis que unha escusa argumental, un catalizador banal que propiciaba o desenvolvemento dunha historia pero que carecía de toda relevancia por si mesmo. Coñecidos os resultados da enquisa, a súa condición de «macguffin» desvélase con todo o seu descaro. 

A realización da enquisa non pretendía favorecer a construción dun espazo deliberativo no tocante á normalización da lingua galega, aspiraba simplemente a cancelalo. Non tiña vocación de ser vinculante nin de que os seus resultados fosen prescriptivos. Non procurou á implicación das organización sociais nin pedagóxicas tampouco da comunidade escolar porque non quería ser participativa. Nin foi transparente no seu deseño nin o é, nin o vai ser, na explotación dos seus resultados. A enquisa é unha caixa negra na que simplemente se recolle unha información (condicionada) que vai dar orixe a unha política (des)normalizadora sen que se saiba que relación garda unha coa outra. 


A enquisa é un caixa negra pero é, máis que todo, un «macguffin» burlesco xa que as  grandes decisións de política lingüística do novo goberno e do Partido Popular prefixáronse con anterioridade á realización da grandiosa consulta democrática. Xa como posición de partida Feijóo santificou a creba do consenso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2005 e da Lei de normalización lingüística de 1983, a derrogación do decreto do galego no ensino e a avogosa defensa dun bilingüismo formal que nos encamiña cara a un monolingüismo castelán de xeito irremediábel.  


A Segunda Modernización de Galiza que abandeira Alberto Núñez Feijóo, en termos de normalización lingüística tradúcese na cancelación do mandato normalizador que é consubstancial ás nosas institucións de autogoberno. A súa novidade radical é a renuncia da Xunta a xogar ningún papel activo como garante fundamental da igualdade de condicións de uso da lingua galega. Unha fraude en termos de liberdade e de igualdade.  


Unha estafa á democracia xa que non hai pretensión ningunha de asegurar a liberdade de elección lingüística nin a igualdade de condicións de trato (xurídico e normativo) nin de oportunidades para a lingua galega. A política normalizadora da lingua é indispensábel para saldar a posición de desvantaxe da lingua galega, imprescindíbel para crear condicións de igualdade de oportunidades para o idioma propio de Galiza. Sen igualdade de trato e sen igualdade de oportunidades na nosa comunidade non hai marxe ningunha para a igualdade de resultados, o que nas actuais circunstancias quere dicir que o galego está condenado a ser unha lingua subordinada, subsidiaria, ninguneada e de minguado futuro.
  

O argumento lingüístico do Partido Popular na Xunta non é substancialmente diferente do que contrabandea Galicia Bilingüe para formatear Galiza como unha comunidade monolingüe en castelán; é por iso que a Consulta Feijóo se revela como un grotesco «macguffin» válido unicamente para facer avanzar o argumento monolingüe que tanto lle reina a Gloria Lago e o seu tolerante lobby. 

Manuel M. Barreiro


Ver otros artículos de este colaborador




www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




ENCUESTA
  • ¿Crees que habrá nuevas elecciones en Catalunya?
  • NO
  • NS | NC
Videoteca