El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Disparando aos reloxos

Facendo amigos

14-07-2009

Hai unhas semanas Jacques Attali visitou Barcelona e fíxonos partícipes das súas perplexidades e conviccións. Attali reivindícase socialista e, non obstante, colabora con Nicolás Sarkozy, presidente conservador; unha complexa relación transversal da esquerda á dereita que explica con contundencia e sen complexo ningún: «Creo que ningún cerebro debe reservarse só para un partido. Nestes momentos non nos podemos permitir o luxo de desperdiciar capacidades por fidelidade a unha etiquetaxe partidista ou outra. A nosa vocación de servizo a toda a sociedade debería estar por enriba de calquera partidismo.»   

A Attali a blindaxe dos coutos partidarios parécelle un desbaldo de intelixencias e por iso é avogoso defensor dunha porosidade colaborativa que permita sumar forzas e esforzos na resolución positiva dos problemas que afrontan as nacións en tempos de crise globalizada.  

Poucos como Ramón Piñeiro concibiron o galeguismo como un espazo de pluralidade, de diálogo e mínimo común denominador ao redor do noso país e os seus desafíos, e hoxe son máis os que cren que o galeguismo está chamado a ser a principal plataforma para a transferencia e converxencia de ideas ao servizo de Galiza, para pensar os nosos problemas en clave de país e procurar solucións integradoras das achegas das diferentes marcas partidarias.   

O presidente Núñez Feijóo verbaliza sempre que pode o seu galeguismo «cordial», outras veces adxectivado como amigábel, construtivo, pluralista ou integrador. Pregoeiro do galeguismo como punto de encontro non conseguiu, non obstante, polo de agora tramar ningún diálogo integrador e fracasou no seu empeño de achegar a independentes galeguistas á súa organización do goberno.   

Queda por ver se o que propagandea Feijóo é galeguismo pero o que está absolutamente certificado é que non é cordial. O presidente suma xa unha manchea de aparicións decepcionantes perante auditorios de probado galeguismo, a última ocasión marrada foi o acto de clausura do XXV aniversario do Consello da Cultura Galega. Por máis que os ponderadísimos anfitrións fixeron gala de galeguismo e culturalismo universalista tiveron que escoitarlle unha pouca temperada intervención cangada de avisos para navegantes provincianos e provincianistas e de ríspidos chamados a abandonar prexudiciais «misións de resistencia cívica». Estraño xeito de facer amigos galeguistas o que gasta o cordial presidente. Non era o caso dos membros do Consello que se en algo investiron anos foi en facer máis universal a cultura de Galiza como a nosa carta de presentación no mundo e un laboratorio para a imaxinación e a creatividade sen mordazas nin ataduras.   

Feijóo rasca onde non proe e onde proe non rasca. Gañaría en capacidade de diálogo e relación se tornase ao abandonado consenso ao redor da lingua galega. Pola contra, vaino ter difícil se quere impoñer aos axentes culturais as iniciativas de contrarreforma que oficia xunto con Vázquez e Varela e que só terán un resultado verificábel: intensificar a desnormalización da lingua galega e con ela da nosa cultura, embafando as súas manifestacións no país e invisibilizándoas no mundo. Poucos compañeiros de viaxe galeguistas vai atopar o presidente se todo o que ofrece é unha política de museificación e fosilización da cultura do país.   

Unha das expresións que gusta a Núñez Feijóo é «saber estar á altura das circunstancias». Máis que como un arquitecto, Feijó ofrécese zapador do «meeting point» galeguista.  Dinamitando o consenso trabado ao redor da normalización da lingua galega polos presidentes que o precederon non só non está á altura das circunstancias senón que tampouco saberá estar a altura das consecuencias de tal malfadada política desnormalizadora. Polas súas consecuencias, a oferta de Feijóo contarase entre o galeguismo (é un dicir) menos integrador que nunca se practicou.   

Cando aínda non chegou aos cen primeiros de goberno, Feijóo xa trazou unha desnortada ruta que  lle outorgará un dubidoso mérito: será o primeiro presidente de Galiza que cando remate o seu mandato será menos galeguista que cando o comezou. O «rexionalismo forte» de Manuel Fraga é desbaldado polo actual presidente do PPdeG que non se dá sobreposto a un galeguismo burocrático que confunde a existencia dun país coa existencia dunha administración autonómica. A súa decisión estratéxica é desandar velozmente todo camiño feito noutrora polo patrón de Vilalba.   

Non se estrañará o noso presidente de que en Galiza non proliferen os Jacques Attali; a razón é que ninguén está disposto a poñer o seu cerebro ao servizo dunha causa que ten por obxectivo a súa lobotomización. Hai tempo que quedou atrás a vocación suicida coa que se escribiron as peores páxinas da nosa historia. Haberá resistencia e disidencia mais, en todo caso, han ser moito máis cordiais que as ofertas do galeguismo minguante que o presidente Feijóo verbalizou na entrega das medallas Castelao ou na sesión solemne do Consello da Cultura.

Manuel M. Barreiro


Ver otros artículos de este colaborador




www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




ENCUESTA
  • ¿Crees que Puigdemont debería proclamar la República antes de que se aplique el 155?
  • NO
  • NS | NC
Videoteca