El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
CxG

La Tuerka

19-02-2021

Asistimos, eu con preocupación, a unha sorte de manifestacións sobre a prensa e a liberdade do Vicepresidente do Goberno de España en sede lexislativa. Que non son, cando menos, para estar en parámetros democráticos europeos. A semántica é chave para entender que non se está a falar de mellorar unha situación ou sequera de regular unha acción do goberno. O Secretario Xeral de Podemos fala de: control, poder, oligopolio, intervención ... unha linguaxe propia dun mitin e non dun membro do poder executivo no Congreso. A linguaxe deixa ver ás claras cal é a verdade sobre as intencións do líder de podemos. 

A resposta de Iglesias na interpelación no Congreso desvela a súa prepotencia sobre a cidadanía, coido que cada quen pode informarse como mellor lle dea a gana, a proba é este mesmo artigo de opinión, nunca na miña carreira política de máis de 23 anos un oligopolio me dixo que opinar, mais Pablo Igleisas si quere interferir. A demanda e repercusión da prensa é regulada polos propios usuarios e resulta evidente que as liñas editoriais son libres como é libre cada quen de elixir o que guste. Insinúa Iglesias que a perda sistemática de votos de Podemos é froito da ignorancia da xente? iso é o mesmo que pretende Casado botando a culpa a Xénova 13 do resultado de Cataluña. Non señor Iglesias non somos tan tontos. 

A proposta de concurso público das licencias de medios de comunicación evita que sexan das grandes corporacións? Claramente non. Existe regulación e marco legal para este sector? Si. 

Porén o que non conta Iglesias é que el mesmo e ben coñecedor do campo audiovisual, como é sabido está ou estivo relacionado con Producións CMI, “Con Mano Izquierda” que produce La Tuerka, programa cuxa liña editorial é a que é. E que libremente podes elixir ver ou no ver. Tamén por certo con sombras sobre a súa xestión económica en CMI. 

Mesmo tamén en Galicia, temos medios dos que son accionista Deputados e Deputadas de formacións políticas, como o BNG, mais que cada quen elixe libremente se ler ou non ler o medio que proxectan, con liberdade. 

A chave da situación é garantir que os medios públicos si cumpran os parámetros de pluralidade, que se fiscalicen e que se teña medidas de control máis potentes. No campo privado, que se cumpra o lexislado e que cada quen escolla, non vaia ser que fiquemos sen La Tuerka ou que os deputados non podan ter accións dun ou doutro medio.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




+ Comentadas

Videoteca