El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

MODA GALLEGA

Rueda: "O sector téxtil é moi importante para Galicia"

25-04-2024 16:08:05
Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

REDACCIÓN | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel da moda galega coma embaixadora do selo Galicia Calidade por todo o mundo e coma un dos principais motores da economía da comunidade. 

Durante a súa intervención nun xantar con motivo da exposición 40 anos de #EstiloVerino na que se fai un percorrido polas catro décadas profesionais do deseñador Roberto Verino, o presidente salientou que “o sector téxtil é moi importante para Galicia” e que “os empresarios feitos a si mesmos falan moi ben do que somos”. 

O sector téxtil, de confección e moda é o que rexistra un maior volume de ingresos en Galicia -unha cuarta parte do total das empresas- e fai que a comunidade galega sexa líder nacional na exportación de roupa a outros países. Rueda felicitou a labor do deseñador e salientou a súa traxectoria “dende Verín para o mundo”, pero xerando riqueza e patria aquí, na nosa terra. 

Sobre Verino, o presidente asegurou que se trata dun dos grandes expoñentes da moda galega e salientou o seu carácter pioneiro e innovador que lle levou a ser o primeiro modisto español en abrir unha tenda en París, no ano 1983, ou ser dos deseñadores que desfilaron nas primeiras edicións da antiga pasarela Cibeles de Madrid. 

Ademais destacou que o ‘estilo Verino’ se asemella moito ao ‘estilo Galicia’ no que se aposta pola coherencia e compromiso; por innovar sen renunciar ás raíces e por seguir medrando, pero xerando riqueza na contorna.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias