El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación mobiliza máis de 420.000 euros en axudas para ciclos e festivais culturais, deporte e obras en concellos

17-04-2024 15:52:38
A Xunta de Goberno.

REDACCIÓN | A Xunta de Goberno da Deputación vén de mobilizar un total de 420.603,53 euros destinados a actividades culturais (a través da resolución do concurso para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos ou actividades análogas en 2024, cun importe total de 60.000 euros), obras en concellos e para a celebración do vindeiro Rally de Ourense, mediante unha achega á Escudería Ourense de 53.000 euros.  

No que atinxe ás axudas aos concellos, ao de Cortegada concédenselle 295.000 euros para a expropiación destinada a instalacións e actividades de ocio da zona termal. Por outra banda, o Concello de Esgos percibirá 12.603,53 euros para a instalación dunha pista deportiva de pádel descuberta no núcleo de Esgos. 

A Xunta de Goberno tamén autorizou a modificación de obras, contempladas dentro do Plan de Cooperación CooperOU, solicitadas polos concellos de Boborás, Leiro, Punxín e San Cibrao das Viñas. Todas estas obras suman unha cantidade total de 441.279,5 euros, dentro dos fondos do devandito Plan de Cooperación. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias