El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Rueda é investido por segunda vez como presidente da Xunta coa maioría do PPdeG

11-04-2024 18:45:00
Alfonso Rueda.

REDACCIÓN | Alfonso Rueda foi investido por segunda vez como presidente da Xunta, tras ser elixido no pleno do Parlamento co apoio da maioría absoluta que ostenta o PPdeG, os votos en contra de BNG e PSdeG e a abstención do único deputado de Democracia Ourensá (DO). 

A única anécdota desta votación protagonizouna o deputado do PPdeG pola Coruña, Rubén Lorenzo Gómez, quen inicialmente se confundiu e dixo “non”, polo que rectificou inmediatamente para pronunciar un “si”. 

Tras tomar en maio de 2022 a substitución de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta, e conseguir a confianza maioritaria da Cámara galega sen pasar polas urnas, nesta ocasión Rueda chega avalado polo resultado electoral do pasado 18 de febreiro, con 40 escanos, os mesmos votos que hoxe dixeron si á súa investidura. 

Os 25 deputados do BNG co seu líder, Ana Pontón, á cabeza votaron non, do mesmo xeito que os 9 do PSdeG, entre eles o portavoz socialista, José Ramón Gómez Besteiro, que se estreaba nesta debate de investidura. 

Tamén interviña por primeira vez o deputado de Democracia Ourensá (DO), Armando Follea, único integrante do grupo mixto, que optou pola abstención. Tras ser proclamado hoxe, Rueda, o sexto presidente da autonomía, tomará posesión o sábado, en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, onde se atopa en Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, xunto ao que tamén tomou posesión Gerardo Fernández Albor en 1982. 

Desta maneira, Rueda cambia o escenario dun acto que en anteriores ocasións tivo como escenario o Parlamento e, para a celebración posterior, a praza do Obradoiro. EFE





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias