El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

Conmemoración do Día da Muller nos Luns do Ateneo

07-03-2020 18:03:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O próximo luns, ás 20.00 horas -na Rúa do Vilar, 19-, terá lugar unha mesa redonda para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O acto, que leva por título «Universitarias, científicas e emprendedoras», reúne a varias mulleres destacadas da Universidade de Santiago como son Mabel Loza, Catedrática de Farmacoloxía; Carme Pampín, Doutora en Química Orgánica; e Eva López Barrio, Coordinadora do Programa Woman Emprende; así como a Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, quen exercerá de moderadora.  

Esta mesa redonda xirará arredor da reivindicación da igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. Para iso, ao longo da charla farase fincapé nos papeis que teñen as mulleres na USC como científicas, emprendedoras e investigadoras, dándolle voz a un grupo de catedráticas e doutoras nesta institución.  

A Vicerreitora Mar Lorenzo é doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, coordina o Programa de Doutoramento en Educación da USC e forma parte do grupo de investigación ESCULCA, da Rede RIES e da Rede de Excelencia Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento. A Catedrática Mabel Loza coordina o grupo BioFarma, promoveu a fundación de tres compañías, é patroa fundadora e codirectora científica da Fundación Kærtor e gañou o Premio María Wonenburger da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia. Pola súa banda, a Doutora Carme Pampín é co-fundadora e Directora Executiva de Galchimia S.A. así como Presidenta de BIOGA - Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida e do Hub de Innovación Dixital, DATALIFE. 

Por último, Eva López Barrio coordina o Proxecto  Innovatia 8.3 do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e é Titora das Axudas  Emega da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Leer máis





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias