El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

A arte da novela realista a través de Pérez Galdós, nos Luns do Ateneo

29-02-2020 17:16:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O próximo luns, ás 20.00 horas -no número 19 da Rúa do Vilar-, o Catedrático de Literatura Española da Universidade de Barcelona, Adolfo Sotelo, impartirá unha conferencia titulada 'Benito Pérez Galdós e a arte da novela realista', organizada pola sección Arte, Educación e Cultura do Ateneo de Santiago para conmemorar o centenario do falecemento do escritor.  

A figura de Benito Pérez Galdós é considerada unha das maiores representacións do Realismo Español. É un autor que manifesta na súa obra a súa condición progresista enfrontando a personaxes conservadores con personaxes con ideas avanzadas, facendo que se toquen temas como a crítica social, a relixión ou a política. Unha das súas maiores representacións narrativas son os Episodios Nacionales, que narran a historia de España dende a batalla de Trafalgar até a Restauración Monárquica. 

O relator do acto, Adolfo Sotelo Vázquez, é catedrático de Historia da Literatura Española na Universidade de Barcelona e Director da Cátedra Universitaria Camilo José Cela de Estudos Hispánicos en Madrid. Tamén é autor de numerosas publicacións arredor do pensamento e da literatura española da segunda metade do século XIX e do primeiro terzo do XX. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias