El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

O centenario da Revista Nós en Os Luns do Ateneo

08-02-2020 10:59:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O próximo luns 10, dentro dun novo acto do ciclo Os Luns do Ateneo, terá lugar unha mesa redonda titulada 'Cen anos de Nós. Perspectiva etnográfica e artística', que contará coa participación do arqueólogo e etnomuseólogo José Carlos Sierra e a historiadora da arte Mercedes Rozas. Na actividade, que se desenvolverá como sempre ás 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19, tratarase a importancia que tivo este boletín mensual para a explotación de Galicia e da súa cultura entre o resto de culturas europeas, moi próximas a esta, ademais de falar dos autores que conformaron a súa xeración e os seus efectos na arqueoloxía, etnografía, historia e pensamento.

A Revista Nós naceu en Ourense un 30 de outubro do ano 1920. Impulsada e dirixida por Vicente Risco, foi unha publicación sobre literatura, lingüística, arte, etnografía, filosofía e pensamento político, que estaba vinculada ao nacionalismo e tiña o fin de normalizar o uso da lingua e elevalo a ámbitos orais e culturais. Entre os seus colaboradores destacaron personalidades como Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Ánxel Fole ou Luís Pimentel.

José Carlos Sierra estudou Historia nas Universidade de Santiago e Valladolid. Dende 1985 pertence ao corpo facultativo de conservadores de museos do Estado e foi director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e do Museo das Peregrinacións de Santiago, ademais de ser nomeado en 2008 secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte en Ourense. Pola súa parte, Mercedes Rozas é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de arte moderno e contemporáneo pola USC. Ademais, desempeña o seu traballo no ámbito do comisariado de exposicións e a crítica de arte. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias