El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Concepción Arenal, o mércores no Ateneo de Santiago

28-01-2020 12:04:29
A produtora Zaza Ceballos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Seguindo cos actos de conmemoración do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal, o Ateneo de Santiago proxectará o mércores o filme Concepción Arenal, a visitadora de cárceres. Será ás 19.00 horas no número 19 da Rúa do Vilar e contará, a continuación, cun coloquio coa súa produtora Zaza Ceballos.

Concepción Arenal, a visitadora de cárceres é un filme que se centra na traxectoria da escritora (interpretada por Blanca Portillo) dende a súa visión máis humana. Retrata todo o labor levado a cabo por Concepción Arenal nun presidio feminino de Galicia, onde coñece as humillantes condicións das mulleres encarceradas, moitas tan só por roubar un anaco de pan para alimentar aos seus fillos. Arenal encargarase de devolver a esperanza a todas esas mulleres e proporcionarlles educación. O filme é unha homenaxe á protagonista e a todas as mulleres que a acompañan na loita polos dereitos femininos.

Galardoada cos Premios Mestre Mateo 2012 nas categorías de mellor actriz secundaria para Mabel Rivera e mellor deseño de vestiario; tamén obtivo o premio especial do xurado no DetectiveFEST 2013 de Moscú; o de Mellor Telefilm, Mellor Dirección e do Xurado Novo no Festival Zoom Igualada; e á mellor ficción española no Festival de Creacións Televisivas de Luchon (Francia).

A produtora Zaza Ceballos é coñecida tamén por outros filmes como Juana de Vega. Vizcondesa do arado, Contou Rosalía, ou máis recentemente Elisa e Marcela. Foi tamén membro de programación da TVG e responsable de coproducións nacionais e internacionais, levando a produción de series de televisión de ficción e documentais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias