El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

GALICIA

Situación dos lumes forestais

15-10-2017 19:58:42

A situación creada pola elevada actividade incendiaria levou á Xunta e ao Goberno Central a redobrar os esforzos para facerlle fronte. Desde o Centro de Coordinación Central -no que esta tarde estivo o propio presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo- supervísase o traballo de 350 brigadas, 220 motobombas, 40 pas e unha vintena de medios aéreos, contando os propios da Xunta e os que achega o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Ademais, foron mobilizados máis de 200 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), apoiados con 18 autobombas e 6 nodrizas. Na loita contra os incendios tamén participan efectivos dos corpos e forzas de seguridade do Estado (Policía Autonómica, Garda Civil, Policía Local) e de Protección Civil.

O vicepresidente Alfonso Rueda e a conselleira do Medio Rural atópanse na zona do incendio iniciado en Ponteareas-Padróns, que afecta tamén os termos municipais de Redondela e Pazos de Borbén. Ángeles Vázquez achegouse ata o Posto de Mando Avanzado situado neste último concello, para supervisar os traballos do operativo. Desde alí agradeceu o traballo de todas as persoas que están despregadas para facer fronte aos lumes que se están a rexistrar en Galicia e puxo de manifesto a elevada actividade incendiaria nas últimas horas.


Situación dos lumes forestais que superan as 20 hectáreas 

ACTIVOS

.- Provincia da Coruña

Boiro (Cures): activo desde as 00,45 h. desta madrugada un lume en Boiro, parroquia de Cures. Na madrugada foi preciso activar a Situación 2 como medida preventiva no lugar de Lidón, pero xa quedou desactivada pasadas as 11,00 h. do mañá. No lugar traballan 1 técnico, 8 axentes, 17 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 1 avión e 1 helióptero.

.- Provincia de Lugo

Cervantes (Donís): activada a Situación 2, como medida preventiva, no lume de Cervantes, parroquia de Donís, por proximidade do lume ao lugar de Vilarello. Este incendio permanece activo arestora e no lugar levan traballado 13 axentes, 44 brigadas, 17 motobombas, 2 pas e numerosos medios aéreos.

Cervantes (Cereixido): activo desde as 18,58 h. de onte un lume na parroquia de Cereixido, concello de Cervantes. No lugar mobilizáronse 3 axentes, 8 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Samos (Renche): activo desde as 20,11 h. de onte un lume en Samos, parroquia de Renche. Nos traballos de control participan 4 axentes, 10 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

Friol (Xía): permanece activo desde as 14,48 h. de onte o lume en Friol, parroquia de Xía, onde están a traballar 6 axentes, 7 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Triacastela (Triacastela): activo desde as 00,10 h. desta madrugada un lume en Triacastela, parroquia homónima. No lugar participan no seu control 2 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas e 1 helicóptero.

Antas de Ulla (Areas): activo desde as 06,29 h. desta madrugada un lume en Antas de Ulla, parroquia de Areas. No lugar traballan 1 axente, 4 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero.


.- Provincia de Ourense

San Cristovo de Cea (Oseira): decretada a Situación 2, como medida preventiva, no lume de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, pola proximidade do lume ao núcleo de Pieles. No lugar participan 1 técnico, 4 axentes, 7 brigadas, 9 motobombas, 4 helicópteros e 1 avión.

Baños de Molgas (Betán): decretada a Situación 2, como medida preventiva, no lume de Baños de Molgas, parroquia de Oseira, pola proximidade do lume ao núcleo de Nevoeiro. O lume está activo e traballan no seu control 1 técnico, 2 axentes, 4 brigadas e 3 motobombas.

Chandrexa de Queixa (Chaveán): decretada a Situación 2, como medida preventiva, no lume de Chandrexa de Queixa, parroquia de Chaveán, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilamaior, no municipio veciño de Castro Caldelas. No lugar traballan 1 técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 4 helicópteros.

Vilar de Barrio (Rebordechau): activo desde as 21,50 h. o lume de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que tamén afecta ao concello de Montederramo. No lugar traballan 1 técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 4 helicópteros.

Piñor (Coiras): activo desde as 03,20 h. desta madrugada un lume en Piñor, parroquia de Coiras. Están traballando no seu control 2 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.


.- Provincia de Pontevedra

Ponteareas (Padróns): decretada a Situación 2, como medida preventiva, no lume de Ponteareas, parroquia de Padróns, pola proximidade do lume ao núcleo de Nespereira. Para a súa extinción mobilizáronse 2 técnicos, 7 axentes, 13 brigadas, 15 motobombas, 6 pas, 3 helicópteros e 3 avións.

Salvaterra de Miño (Pesqueiras): decretada a Situación 2, como medida preventiva, no lume de Salvaterra de Miño, parroquia de Pesqueiras, pola proximidade do lume ao núcleo de Castelo. Na súa extinción levan traballado 1 axente, 3 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.

Gondomar (Morgadáns): decretada a Situación 2, como medida preventiva, no lume de Gondomar, parroquia de Morgadáns, pola proximidade do lume ao núcleo de Morgadáns. Para a súa extinción mobilizáronse 5 axentes, 9 brigadas, 7 motobombas, 1 helicóptero e 3 avións.

As Neves (As Neves): decretada a Situación 2, como medida preventiva, no lume das Neves, parroquia homónima, pola proximidade do lume ao núcleo de Paredes. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 2 axentes, 2 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 2 avións.

Baiona (Baíñas): decretada a Situación 2, como medida preventiva, no lume de Baiona, parroquia de Baíñas, pola proximidade do lume ao núcleo de Baíñas. No lugar traballan 1 axente, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.


ESTABILIZADOS E CONTROLADOS

Permanecen estabilizados os lumes rexistrados en Paradela (Paradela), Cervantes (Noceda) e Vilariño (Chaguazoso). Controlados están os de O Saviñao (Ribas de Miño), Chantada (Esmeriz), Vilardevós (Osoño), Vilariño (Sabuguido e Castiñeira), Vilamarín (Vilamarín), Paderne (Cantoña), Chandrexa (Queixa) e os dous de Lobios (Río Caldo).


EXTINGUIDOS

San Cristovo de Cea (Covas): extinguido o lume en San Cristovo de Cea, parroquia de Covas, que afectou 45 hectáreas, a metade de raso e o resto de arborado.

Vilariño de Conso (San Cristovo): extinguido o lume en Vilariño de Conso, parroquia de San Cristovo, tras afectar 56,69 hectáreas de monte raso.

Cualedro (Montes): extinguido o lume rexistrado en Cualedro, parroquia de Montes, que afectou 97,33 hectáreas, das cales 96 son de monte raso e o resto arborado.

Folgoso do Courel (Meiraos): extinguido o lume en Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, tras afectar 160 hectáreas, das cales 70 son de arborado e 90 de monte raso.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias