El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

O LUNS

Comeza a quincena da ciberseguridade en 6 aulas da rede CeMIT

14-10-2017 13:06:11

A formación en materia de Ciberseguridade centra as actividades da próxima quincena en seis aulas da rede CeMIT, que xestiona a Amtega. Estas actividades formativas, de balde e abertas a toda a cidadanía, desenvolveranse en xornadas de 3 horas desde as 11 da mañá ata as 2 da tarde, de luns a xoves, desde o 16 ata o 26 de outubro.

A actividade está liderada desde a aula CeMIT de Cuntis, que se conectará a través e videoconferencia coas aulas de Bande, Boiro, Celanova, Oroso e Ortigueira, seguindo uns contidos formativos facilitados polo Instituto Nacional de Ciberseguridade-INCIBE.

Este tipo de actividades enmárcanse no proxecto do Banco de Tempo da rede CeMIT, que facilita que unha das aulas guíe e comparta as súas iniciativas de formación coas restantes aulas participantes.

O único requisito para poder asistir a estas actividades gratuítas é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello - Bande, Boiro, Celanova, Cuntis, Oroso e Ortigueira-, ou a través da web http://cemit.xunta.gal.


Módulos formativos

Entre o 16 e o 26 de outubro desenvolveranse un conxunto de 8 módulos formativos de 3 horas cada un, coa seguinte contido:

- O meu ordenador é un zombie (luns 16/10/2017). Funcionamento das redes botnets, así como o seu proceso de creación e infección.

- Fundamentos do análise de sitios web (martes 17/10/2017). Funcionamento dun sitio Web. Detección, identificación, análise e forma de explotar as vulnerabilidades web.

- Análise de malware en android (mércores 18/10/2017). Prácticas máis habituais de análise de malware en dispositivos Android.

- Espionaxe e cibervixilancia (xoves 19/10/2017)Análise das diferentes técnicas e ferramentas utilizadas para realizar as labores de espionaxe e cibervixilancia.

- Programación segura de sitios web (luns 23/10/2017). Identificación dos principais requisitos a ter en conta para desenvolver aplicacións web seguras.

- Fundamentos do análise de sistemas (martes 24/10/2017). Identificación, análise e explotación das principais vulnerabilidades dos servicios soportados por un servidor.

- Seguridade Wifi (mércores 25/10/2017). Seguridade dos dispositivos Wifi. Funcionamento dun punto de acceso falso.

- Forense en windows (xoves 26/10/2017). En que consiste e principais técnicas do análise forense en sistemas Windows.


A Rede CeMITA 

Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

O Banco de Tempo da Rede CeMIT é unha iniciativa que xurde nas aulas da rede coa finalidade de compartir actividades e optimizar os medios dispoñibles, intercambiando actividades entre aulas a través de recursos como a videoconferencia de alta calidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias