El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

CONCELLO DE ORDES

Turismo de Galicia inviste máis de 170.000 euros en obras de mellora do Camiño Inglés

13-10-2017 20:18:18
O delegado Ovidio Rodeiro visitou un tramo.

Ordes (A Coruña).- A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, está desenvolvendo no concello de Ordes un plan de mellora na infraestrutura do Camiño Inglés, adaptándoo á delimitación do trazado oficial establecida no ano 2014.

Estas obras, que teñen un orzamento de 171.500 euros, permitiron a apertura de explanadas e cunetas; o afirmado do percorrido con zahorra; a instalación de pasos de auga e obras de drenaxe; a retirada, reparación e recolocación das sinais existentes; a colocación de novos indicadores, placas de quilometraxe e cunchas cerámicas, e o control arqueolóxico de todo o proceso. No conxunto do Tramo II, que une o Hospital de Bruma con Santiago, o investimento superou os 322.000 euros, dos que ao concello de Ordes correspondeulle un 53,17 por cento do total.

A Xunta destina este ano máis dun millón de euros a intervencións nos 18 concellos polos que transcorre a ruta do Camiño Inglés nas súas dúas variantes pola provincia da Coruña. En concreto, no tramo que une o Hospital de Bruma coa capital compostelá, está prevista unha intervención global de máis de 322.000 euros en traballos de sinalización, melloras e recuperación da ruta, adaptándoa á delimitación oficial.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, destaca, “debemos ser conscientes de que o Camiño é un dos principais reclamos turísticos para Galicia, un gran imán que cada ano atrae ata a Comunidade a un maior número de peregrinos, polo que a administración autonómica está comprometida coa súa revalorización e promoción, como demostran estas obras”.

Esta actuación está enmarcada dentro do Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago que, aliñado coa Estratexia do Turismo de Galicia 2020, marca a folla de ruta coa que a Xunta traballa de cara á organización do vindeiro Xacobeo 2021.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias